We use cookies and other technologies on this website to enhance your user experience. Read more Privacy Policy.I Agree

Obrazy : vila, budova, zámok, obec, veža, hrad, opevnenia, cestovný ruch, Cool obrázok, zrúcanina, kláštor, majetok, vidiek, historické miesto 2940x2240

vila, budova, zámok, obec, veža, hrad, opevnenia, cestovný ruch, Cool obrázok, zrúcanina, kláštor, majetok, vidiek, historické miesto Public Domain

Povedzte vďaka PxHere

Naši tvorcovia radi počúvajú a vidia, ako ste použili ich fotografie. Ukážte svoje ocenenie darovaním, tweeting, facebookom a sledovaním!

Vložte do svojho článku (napr. Wordpress, Blogspot)

O castelo de Pambre é unha fortaleza situada álzase a 44 m de altitude nun penedo á beira do río Pambre, na parroquia de Pambre (Palas de Rei). O castelo é unha das mellores mostras da arquitectura medieval militar que existe en Galicia, e das poucas que quedaron en pé trala revolta irmandiña. A capela románica contida nas súas murallas é anterior á súa construción e foi durante séculos igrexa parroquial de Pambre As lendas tradicionais outorgan a súa construción aos mitolóxicos mouros en só unha noite. A lenda devén do feito de ser construído de xeito rápido pola xustificada premura de Gonzalo Ozores de Ulloa Foi un dos poucos castelos que non foron destruídos polos irmandiños, e salvouse grazas á astucia de Sancho Sánchez de Ulloa que tratou de falar cos sublevados nunha histórica reunión en Melide e que, ante as esixencias de que entregase o castelo, e temendo pola súa vida, decide fuxir, salvando a vida e o castelo, que foi respectado polos irmandiños. No ano 1895 un secretario do duque de Alba vendeu a fortaleza xunto cos seus bens e outros edificios ao veciño de Palas de Rei Xosé Soto por 27.000 pesetas, nunha escura manobra que contradicía os termos do aforamento a perpetuidade outorgado case douscentos anos antes. Tras os correspondentes preitos, a propiedade confirmouse para a familia Moreiras -que nunca a chegara a abandonar- no 1912 na persoa de Manuel Moreiras, de quen o herdaría o seu irmán materno, o polígrafo Manuel García Blanco, lembrado catedrático no Instituto de Lugo, Delegado de Estatística provincial e autor de obras de investigación lingüística, principalmente sobre toponimia e defensa da lingua galega, con frecuencia baixo o pseudónimo, de Manuel da Torre, en referencia precisamente á fortaleza de Pambre. arredor da fortaleza fóronse tecendo outras lendas, coma a citada, con menor ou meirande base histórica. Así, entre outras, atopamos a que mantén que un nobre francés peregrinando a Santiago, logo de ser atacado por bandidos, foi auxiliado polo señor do castelo, que o atendeu xunto coas súas dúas fillas deica sandar. Volvendo xa de Compostela á súa patria, o nobre recuncou agradecido en Pambre, onde pediu a man dunha delas da que ficara namorado, marchando os dous á súa afastada terra. A irmá, agardando solitaria polo seu cabaleiro, morreu de saudade, habendo quen asegura que a súa pantasma aínda pode verse de cando en vez fitando cara ao Camiño de Santiago dende certas xanelas das torres do castelo. Galipedia.



Na fotografii zadarmo high-rozlíšenie vila, budova, zámok, obec, veža, hrad, opevnenia, cestovný ruch, Cool obrázok, zrúcanina, kláštor, majetok, vidiek, historické miesto

, odobratých v Pro 815 01/15 2017 Snímka odfotografovaná s 11.0mm, f/5.0s, 10/5000s, ISO 50

všetky komentáre(0)