Free fotobanka : budova, Zámek, stěna, dovolená, vesnice, Evropa, hrad, opevnění, cestovní ruch, Španělsko, zřícenina, klášter, arquitectura, europa, torre, galicia, Piedra, EDIFICIOS, majetek, Pedra, Espana, Catoira, Galiza, arquitecture, provinciapontevedra, Castillos, Torres, Castelos, provinviapontevedra, dávná historie 2345x1772
Public Domain
Řekni díky PxHere
Vložit do svého článku (např. Wordpress, Blogspot)
As Torres do Oeste son un xacemento arqueolóxico composto polas ruinas consolidadas dunhas torres de orixe romana que serviron de enclave fundamental para a defensa das terras da arquidiocese de Santiago de Compostela dos ataques normandos na Alta e na Baixa Idade Media. Trátase dun castelo de acceso libre e uso turístico e foi declarado Monumento Nacional. Sitúase na confluenza do río Ulla e a ría de Arousa, no concello de Catoira, comarca de Caldas. No lugar que ocupan as torres tense testemuñado acividade humana desde época castrexa, sabémolo polos restos de cerámica e útiles de bronce atopados. A data da súa construción foi, durante moito tempo, motivo de longas discusións. Xa o autor romano Pomponio Mela menciona na súa obra a existencia na desembocadura do Ulla das;Turris Augusti Capela románica e unha das torresPero tívose que esperar a que a mediados do século XX escavacións arqueolóxicas demostraron a existencia de restos romanos situados na cimentación das torres No século X, por mor das numerosos ataques normandos remontando a ría, incluida a morte do bispo Sisnando defendendo a súa diocese fixo que os seus sucesores se esforzaran en reparar e mellorar as defensas da ría. O 29 de outubro de 1024 o rei Afonso V o Nobre doa a Vistruario bispo de Iria, as torres. Cara ao ano 1040 o bispo Cresconio[2] ordeou importantes traballos de reformas. Pola Historia Compostelana sabemos que os traballos de melloras e reformas continuaron baixo os mandatos dos sucesores de Cresconio: Diego Páez e Diego Xelmírez. No século XII defínese a estrutura definitiva do castelo, quedando composta a fortaleza por sete torres que amurallaban un recinto arrodeado de pantanos. Posúe unha capela do século XII construída por Xelmírez e dedicada ó Apóstolo Santiago. A partir do século XV,a fortaleza comeza a súa decadencia, e finalmente no ano 1525 gran parte das construcións foron destruidas. Na actualidade consérvanse en pe os alzados de dúas das torres e unha terceira moi arruinada. As torres son de planta cadrada e construidas con;perpiaño mediano; (coñecido como asturiano) e grandes perpiaños nos esquinais e nas xambas. Cada verán, o primeiro domingo de agosto, os restos do Castellum Honesti reviven unha romaría viquinga que recrea a defensa do castelo frente a un ataque normando. Tomado da Galipedia.
Na fotografii zdarma high-rozlišení budova, Zámek, stěna, dovolená, vesnice, Evropa, hrad, opevnění, cestovní ruch, Španělsko, zřícenina, klášter, arquitectura, europa, torre, galicia, Piedra, EDIFICIOS, majetek, Pedra, Espana, Catoira, Galiza, arquitecture, provinciapontevedra, Castillos, Torres, Castelos, provinviapontevedra, dávná historie
, odebraných v Pro 815 01/15 2017 Snímek pořízen s 13.0mm, f/5.6s, 10/2500s, ISO 50











