Free fotobanka : struktura, budova, městský, památník, Evropa, socha, mezník, místo uctívání, sochařství, umění, Španělsko, chrám, zřícenina, europa, galicia, Piedra, dějiny, ciudad, Romanico, Pedra, úleva, vodní prvek, Espana, Galiza, cidadevella, urbe, Iglesias, igrexas, lacoruna, acoru, CORU, archeologické naleziště, kámen řezba, historické místo, dávná historie, Architektura starověkého Říma 2816x2112
Public Domain
Řekni díky PxHere
Vložit do svého článku (např. Wordpress, Blogspot)
A igrexa de Santiago é o templo coruñés principal e o máis antigo. Comezouse a construír no século XII, durante o reinado de Fernando II. No seu adro reuníase o concello desde o século XV. A planta orixinal contaba con tres naves, que foron reducidas a unha só, de estilo oxival, no século XV. A fachada principal é románica e sobresae do muro nun bloque. Na arquivolta central aparecen os vinte anciáns do Apocalipse cos seus instrumentos musicais escoitando ao Salvador. O tímpano está sostido por anxos e nel aparece Santiago a cabalo. Esta figura, e algunha outra, proceden doutra parte. Polo leste hai tres ábsidas románicas, divididas no exterior por columnas con capiteis vexetais; a da esquerda está seccionada por un esquinal da torre. A igrexa conta con tres portas, das que a do norte é a máis antiga. O tímpano está sostido por dúas mochetas con cabezas de bovinos e representa un año entre dous circos que sostén unha cruz coas patas. A porta sur tamén é románica e ábrese á sancristía. A torre é igualmente románica, aínda que houbo de ser reparada no 1607 a causa dalgunha explosión, xa que foi o polvorín da antiga cidade. Forma un curioso recuncho coa casa do Consulado na que é a rúa máis curta da Coruña, a da Reixa Dourada. Resaltan os canzorros que sosteñen o beiril do tellado e o rosetón no testeiro da nave. Traido da Galipedia. A arte románica espallouse dende Francia ao resto da Europa occidental a partires do século XI. O estilo chegaría á península Ibérica da man do Camiño de Santiago cuxas vías principais confluían en Compostela, vila onde se dirixían milleiros de peregrinos de toda Europa que viñan a louvar a suposta tumba do apóstolo Santiago. A data de chegada do estilo a España é aproximadamente entre o século XI e comezos do XII. Algunhas das principais paradas do Camiño, serían as primeiras en desenvolver este estilo, erixíndose igrexas, catedrais e mosteiros, como a catedral de Jaca, a igrexa monástica de San Martín de Frómista, a basílica de San Isidoro de León e as primeiras pedras da catedral compostelá[2]. A época de expansión do estilo pola península, coincide coa ocupación musulmá, desenrolándose deste xeito o Románico pola parte setentrional da península, non ocupada polos mouros. As principais mostras deste arte pódense atopar por toda a xeografía do país, destacando, xunto a catedral compostelá os mosteiros medievais da Ribeira Sacra onde se poden atopar numerosos mosteiros románicos entre as provincias de Lugo e Ourense[3]. Fonte: Galipedia
Na fotografii zdarma high-rozlišení struktura, budova, městský, památník, Evropa, socha, mezník, místo uctívání, sochařství, umění, Španělsko, chrám, zřícenina, europa, galicia, Piedra, dějiny, ciudad, Romanico, řezba, Pedra, úleva, vodní prvek, Espana, Galiza, cidadevella, urbe, Iglesias, igrexas, lacoruna, acoru, CORU, archeologické naleziště, kámen řezba, historické místo, dávná historie, Architektura starověkého Říma
, odebraných v COOLPIX S4 01/23 2017 Snímek pořízen s 15.0mm, f/4.0s, 10/2032s, ISO 50











