We use cookies and other technologies on this website to enhance your user experience. Read more Privacy Policy.I Agree

Kostenlose foto : Stadt, Monument, Europa, Statue, Säule, Plaza, Fassade, Kunstwerk, Skulptur, Kunst, Spanien, Espagne, Madrid, Escultura, Piedra, Ciudad, Pedra, Cidade, Espana, Plazakolon 3114x3366

Stadt, Monument, Europa, Statue, Säule, Plaza, Fassade, Kunstwerk, Skulptur, Kunst, Spanien, Espagne, Madrid, Europa, Escultura, Piedra, Ciudad, Pedra, Cidade, Espana, Plazakolon Public Domain

Danke sagen PxHere

Unsere Autoren hören gerne von Ihnen und sehen, wie Sie ihre Fotos verwendet haben. Zeigen Sie Ihre Wertschätzung, indem Sie spenden, twittern, Facebook und folgen!

In Ihren Artikel einbetten (zB Wordpress, Blogspot)

Cristovo Colón, nado talvez en Xénova en 1451 e finado en Valladolid o 20 de maio de 1506, foi un navegante e explorador do século XV e XVI ao servizo dos Reis Católicos, famoso polo denominado descubrimento de América para a civilización occidental en 1492, tras emprender unha viaxe a través do Océano Atlántico co obxectivo de aportar na India, malia que en troques chegou ás illas do Caribe na América Central. Naceu posiblemente en Xénova, aínda que non hai certeza absoluta sobre o seu lugar de nacemento e existen teorías que o fan nacer en Pontevedra, Barcelona, Chios, Sardeña ou Portugal. De moi novo viaxou polo Mediterráneo Occidental e permaneceu algún tempo en Savona. A chegada de Colón a Portugal débese a que era o representante dos Centurione, que tiñan negocios cos países atlánticos. Viviu moito tempo na Madeira, e entrou nunha familia de mariñeiros polo seu casoiro con Filipa Moniz, filla de Bartolomeu Perestrelo. É durante a súa estadía en Portugal cando se corresponde con Paolo del Pozzo Toscanelli, e pénsase que o relato das viaxes do seu sogro influenciouno na idea de acadar a terra das especias navegando cara Occidente. Mudouse para España en 1486, voltando a Portugal dous anos despois. Colón procurou que os Reis Católicos aprobasen o proxecto da súa viaxe, o que conseguiu a través do confesor da raíña. Asinou o contrato e foi nomeado almirante dos mares e gobernador e vicerrei das terras a descubrir. Como se indicou, sobre a lingua nai de Colón tamén existe controversia xa que, segundo os investigadores, é un importante apoio para unha ou outra teoría sobre a súa cidade natal. Para tratar de fixar as súas orixes reais, déronse diversas razóns en todos os sentidos. Malia estaren a meirande parte dos seus escritos en castelán, estes evidentes xiros lingüísticos procedentes doutras linguas da Península Ibérica que, seguindo a Menéndez Pidal, moitos coinciden en sinalar como portuguesismos. Hai varios investigadores e lingüistas, tanto de Galicia como de Cataluña ou de Baleares, que apoian a hipótese de que son galeguismos ou catalanismos. Semella que non existiron escritos en italiano realizados por Colón, agás algunha nota marxinal, ao parecer cunha redacción deficiente. O latín tampouco parecía dominalo, escribíndoo con influencia hispánica e non italiana. Historiadores como Consuelo Varela ou Arranz Márquez opinan que Colón foi un típico home de mar que se expresaba en diversas linguas sen chegar a dominar ben ningunha, ou que quizais falase a lingua franca ou xerga levantisca Algúns investigadores -como Rodrigo Cota ou Alfonso Philippot- consideran que Colón e Pedro Madruga eran a mesma persoa[5], baseándose por exemplo en que Colón bautizou portos de América co nome de máis de 80 localidades da ría de Pontevedra, en que os nomes dos fillos de ambos os dous se chamaban igual, na similitude da comparación da letra de Colón e Pedro Álvarez (feita pola perito calígrafo e grafopsicolóxico Teresa Torres) e en que o cronista Francesillo de Zúñiga menciona xa no século XVI a Diego de Soutomaior (fillo de Pedro Madruga) como fillo de Colón. Parte para a súa primeira viaxe en 1492, con dúas carabelas (a Pinta e a Niña) e unha nao (a Santa María) do porto de Palos de la Frontera. A nao Santa María foi construída en Galicia e levaba como piloto a un galego de Baiona: Cristobal García Sarmiento, por este motivo quizais sexa o porto elixido para regresar. A expedición toca a illa de Gran Canaria e pon rumbo ao suroeste; tres meses despois chega a un illeo das Bahamas ao que deu o nome de San Salvador. Continua navegando e costeou Cuba, para despois chegar ao Haití á lle que deu o nome de Hispaniola. Convencido de ter chegado á India, deixa alá unha pequena colonia e regresa á Europa o 1 de Marzo de 1493, tocando en primeiro lugar o porto de Baiona a carabela Pinta A súa segunda viaxe iniciouse en 1493, con tres naos e 14 carabelas, avista as Antillas e aborda a Martinica. Pón rumbo despois ao norte e chega a Porto Rico. Vai a Hispaniola onde a pequena colonia fora morta polos indíxenas, deixa outro continxente de homes e, virando para Occidente, chega á Xamaica. Na terceira viaxe, parte en 1498, con seis naos, e chega a Trindade despois dunha atribulada viaxe. Voltando ao sur chega a unha gran terra que pensou que era unha illa e chamoulle Gracia. Rumbo ao norte chega a Santo Domingo Na cuarta viaxe, sae de Cádiz con catro naus en 1502, propóndose chegar ao Oriente. Avista a Xamaica e, despois dunha gran tempestade, chega á Isla de Pinos (Honduras). Avistou despois as costas da Nicaragua, Costa Rica e Panamá. Debido ao pésimo estado das naos ten que regresar a Hispaniola, de onde volta a España. Cristovo Colón morreu en Valladolid, en 1506. Galipedia.



Das kostenlose hochauflösende Foto von Stadt, Monument, Europa, Statue, Säule, Plaza, Fassade, Kunstwerk, Skulptur, Kunst, Spanien, Espagne, Madrid, Europa, Escultura, Piedra, Ciudad, Pedra, Cidade, Espana, Plazakolon

, genommen mit einem COOLPIX P510 01/19 2017 Die Aufnahme mit 58.0mm, f/4.8s, 10/2000s, ISO 160

Alle Kommentare(0)