Ilmaisia Kuvia : seinä, Eurooppa, Espanja, espagne, amfiteatteri, geologia, rauniot, europa, galicia, piedra, pontevedra, castro, Pedra, espana, Aguarda, Galiza, Galice, provinciapontevedra, Cabanas, Arqueologia, Poblado, santategra, arqueoloxia, poboado, pobladocelta, poboadocelta, arkeologisen, ilmakuvia, muinaishistoria 4608x3456
Public Domain
Sano kiitos PxHere
Upota artikkeliisi (esim. Wordpress, Blogspot)
Castro de Santa Trega Na Galipedia, a Wikipedia en galego. O contorno do monte de Santa Trega conforma un sitio arqueolóxico, no que se atopa o castro galaico denominado Castro de Santa Trega, pertencente á cultura castrexa e o máis emblemático e visitado dos castros galegos. Foi declarado Monumento Histórico Artístico Nacional no ano 1931 e tamén ten a consideración de Ben de Interese Cultural. No castro atópanse desde petróglifos, en varias das pedras do monte, elaborados 2.000 anos antes da ocupación do castro, que, seguindo a tese mantida por de la Peña Santos, director das últimas campañas de escavacións arqueolóxicas na década dos oitenta, tivo unha ocupación continuada entre o século I a.C., ao pouco de comezar o proceso de romanización de Galicia Sitúase no monte de Santa Trega, de 341 metros de altitude, no extremo máis sudoccidental de Galicia, no concello da Guarda, nun lugar privilexiado desde o que domina a desembocadura do Miño. Entre os anos 1928 e 1933, o catedrático da Universidade de Valladolid, Cayetano de Mergelina y Luna dirixiu, utilizando os máis avanzados métodos da época, unha serie de campañas arqueolóxicas centradas, principalmente, na ladeira oriental poñendo ao descuberto gran cantidade de vivendas e outros edificios. No ano 1945 publicou o resultado dos seus traballos nun estudo titulado;La citania de Santa Tecla. La Guardia (Pontevedra). Seguindo as maioritarias;teorías invasionistas; do momento datou o poboado cunha ocupación desde o século VI a.C. ata o século III d.C., cunha nova ocupación no século V, e atribuíulle aos seus habitantes unha natureza de orixe celta. Estariamos en presenza dun dos maiores castros dos atopados ata o de agora tanto en terras galegas como do norte de Portugal. As cabanas Case todas elas teñen plantas circulares ou ovaladas e son exentas, non compartindo paredes medianeiras salvo contadas excepcións. Tamén son excepción as poucas cabanas con planta rectangular e estas presentan, na súa maioría, esquinas en arco. O grosor das súas paredes adoita ser bastante uniforme, sobre 40 cm de media, e cun mellor acabado cara ao exterior. A gran maioría son de pequenas dimensións. O urbanismo do sitio inclúe unha complexa rede de canais de evacuación das augas pluviais situadas baixo os pavimentos e chans, e en ocasións na superficie, esculpidas sobre a rocha base e cubertas con lousas. En ocasións estas augas canalízanse cara a alxibes escavados na rocha e revestidos cunha argamasa impermeabilizadora. Esta ordenación interna do espazo aparece condicionada pola muralla, posible primeiro elemento en ser levantado Na mesma zona onde se levantou o poboado tense comprobada a presenza humana aproximadamente 2.000 anos antes. Testemuñas desta presenza son os gravados rupestres que deixaron en varias localizacións do posterior castro. Moitos destes petróglifos foron tapados polas estruturas levantadas no momento da construción do castro. Entre as distintas representacións que aínda hoxe son perceptibles, representacións xeométricas, destaca a coñecida como Laxe Sagrada ou Laxe do Mapa que, situada na parte alta do monte, está composta por varias espirais, círculos concéntricos e trazos lineais máis ou menos paralelos.
Laite, jolla vapaa korkearesoluutioinen kuva seinä, Eurooppa, Espanja, espagne, amfiteatteri, geologia, rauniot, europa, galicia, piedra, pontevedra, castro, Pedra, espana, Aguarda, Galiza, Galice, provinciapontevedra, Cabanas, Arqueologia, Poblado, santategra, arqueoloxia, poboado, pobladocelta, poboadocelta, arkeologisen, ilmakuvia, muinaishistoria
, on otettu: COOLPIX P510 01/19 2017 Laite, jolla kuva on otettu: 26.0mm, f/4.4s, 10/8000s, ISO 100











