무료 이미지 : 맨션, 궁전, 기념물, 동상, 경계표, 정면, 조각, 미술, 분수, 재산, 물 특징 3180x2382
Public Domain
감사합니다 PxHere
기사에 포함 (예 : Wordpress, Blogspot)
Manuel Curros Enríquez, nado en Celanova o 15 de setembro de 1851 e finado na Habana o 7 de marzo de 1908, foi un poeta e xornalista galego, un dos tres principais representantes do Rexurdimento da literatura galega, xunto a Rosalía de Castro e Eduardo Pondal. Dedicóuselle o Día das Letras Galegas en 1967 En 1873 comezou a súa carreira xornalística ao ingresar na Gaceta de Madrid e ao ano seguinte entra en El Imparcial, para o que cubriu, entre decembro de 1875 e febreiro de 1876, a terceira guerra carlista escribindo as Cartas del norte No 1877 gaña un certame poético en Ourense cos poemas Unha boda en Einibó, O Gaiteiro de Penalta e "A Virxe do Cristal". Esta vitoria determinouno como poeta galego. Curros establécese en Ourense e traballa na Intervención da Administración Económica (Facenda). Colabora no xornal El Trabajo. En 1880 publicou Aires d'a miña terra, libro de poemas no que pon de manifesto o seu anticlericalismo ó considerar que a Igrexa non se achega ós pobres e necesitados senón que só defende castes e privilexios. Nesta obra publica o poema "Mirand’ó chau" no que, entre outras cousas escribe o celebre verso S’eu fixen tal mundo, que o demo me leve. A reacción eclesiástica non se fixo esperar e o 28 de agosto dese mesmo ano 1880 o bispo de Ourense Cesáreo Rodrigo Rodríguez condena e reproba o libro por conter "proposiciones heréticas, blasfemas, escandalosas”. Prohíbese ós fieis a lectura e posesión do libro e remátase excomungando a Curros. Simultaneamente, o bispo de Ourense denuncia diante das autoridades xudiciais o libro de Curros. O xulgado de Ourense procesouno por delito contra o libre exercicio dos cultos e ordenou o secuestro dos exemplares en poder do editor e destrución dos moldes de copia, mentres que Curros foi condenado a dous anos e catro meses de cadea e ó pago dunha multa de 250 pesetas. Finalmente, foi absolto na Audiencia da Coruña. Perdido o posto de traballo en facenda, volta a Madrid en 1883 e ingresa na redacción de El Porvenir, xornal republicano, e en 1887 accedeu ao posto de redactor xefe de El País e en agosto de 1888 apareceu O divino sainete En 1894 decide emigrar cara a América. Acollido con entusiasmo á súa chegada, na Habana dirixe un xornal, La Tierra Gallega e cando se suspendeu a súa publicación ingresou na redacción de El diario de las Familias e despois na do Diario de la Marina, En 1904 viaxa á Coruña, onde foi agasallado polos rexionalistas e inicia xunto con Manuel Murguía a Asociación Iniciadora y Protectora de la Academia Gallega, base da futura Real Academia Galega e da que será nomeado presidente ó ano seguinte. Curros Enríquez, xa moi enfermo, ingresou no hospital do Centro Asturiano ao negarse a facelo no do Centro Galego e alí morreu o 7 de marzo de 1908. Os seus restos mortais foron embarcados para Galicia onde chegan o 31 de marzo á cidade da Coruña na que é enterrado no Cemiterio de San Amaro, non sen polémica entre os que querían unha cerimonia relixiosa e outros que querían un enterro civil. Segundo as crónicas da época, unhas corenta mil persoas ateigaron as rúas da Coruña o 31 de marzo de 1908 para acompañaren o cortexo fúnebre nunha expresión multitudinaria de afecto popular sen antecedentes na historia de Galicia. Galipedia.
무료 고해상도 사진 맨션, 궁전, 기념물, 동상, 경계표, 정면, 조각, 미술, 분수, 재산, 물 특징
, 촬영 Pro 815 01/07 2017 함께 찍은 사진 24.0mm, f/4.0s, 10/1000s, ISO 50










