무료 이미지 : 록, 건축물, 건물, 벽, 아치, 정면, 예배당, 예배 장소, 신전, 유적, 수도원, 중세, 고대 역사 2988x2298

록, 건축물, 건물, 벽, 아치, 정면, 예배당, 예배 장소, 신전, 유적, 수도원, 역사, 중세, 고대 역사 Public Domain

감사합니다 PxHere

저희 제작자들은 여러분의 의견을 듣고 사진을 어떻게 사용했는지보고 싶어합니다. 기부, 트윗, 페이스 북 및 팔로우를 통해 감사를 표하십시오!

기사에 포함 (예 : Wordpress, Blogspot)

A igrexa de Santiago é o templo coruñés principal e o máis antigo. Comezouse a construír no século XII, durante o reinado de Fernando II. No seu adro reuníase o concello desde o século XV. A planta orixinal contaba con tres naves, que foron reducidas a unha só, de estilo oxival, no século XV. A fachada principal é románica e sobresae do muro nun bloque. Na arquivolta central aparecen os vinte anciáns do Apocalipse cos seus instrumentos musicais escoitando ao Salvador. O tímpano está sostido por anxos e nel aparece Santiago a cabalo. Esta figura, e algunha outra, proceden doutra parte. Polo leste hai tres ábsidas románicas, divididas no exterior por columnas con capiteis vexetais; a da esquerda está seccionada por un esquinal da torre. A igrexa conta con tres portas, das que a do norte é a máis antiga. O tímpano está sostido por dúas mochetas con cabezas de bovinos e representa un año entre dous circos que sostén unha cruz coas patas. A porta sur tamén é románica e ábrese á sancristía. A torre é igualmente románica, aínda que houbo de ser reparada no 1607 a causa dalgunha explosión, xa que foi o polvorín da antiga cidade. Forma un curioso recuncho coa casa do Consulado na que é a rúa máis curta da Coruña, a da Reixa Dourada. Resaltan os canzorros que sosteñen o beiril do tellado e o rosetón no testeiro da nave. Traido da Galipedia. A arte románica espallouse dende Francia ao resto da Europa occidental a partires do século XI. O estilo chegaría á península Ibérica da man do Camiño de Santiago cuxas vías principais confluían en Compostela, vila onde se dirixían milleiros de peregrinos de toda Europa que viñan a louvar a suposta tumba do apóstolo Santiago. A data de chegada do estilo a España é aproximadamente entre o século XI e comezos do XII. Algunhas das principais paradas do Camiño, serían as primeiras en desenvolver este estilo, erixíndose igrexas, catedrais e mosteiros, como a catedral de Jaca, a igrexa monástica de San Martín de Frómista, a basílica de San Isidoro de León e as primeiras pedras da catedral compostelá. A época de expansión do estilo pola península, coincide coa ocupación musulmá, desenrolándose deste xeito o Románico pola parte setentrional da península, non ocupada polos mouros. As principais mostras deste arte pódense atopar por toda a xeografía do país, destacando, xunto a catedral compostelá os mosteiros medievais da Ribeira Sacra onde se poden atopar numerosos mosteiros románicos entre as provincias de Lugo e Ourense. Fonte: Galipedia O termo románico, como concepto que define un estilo artístico, foi utilizado por primeira vez en 1820 por Charles de Gerville, considerando con este termo toda a arte que se realiza anterior ó estilo gótico dende a caída do Imperio Romano; e por analoxía ó termo xa coñecido de linguas románicas, a arte románica sucedía á arte antiga tal e como as linguas románicas eran as sucesoras do latín. Posteriormente, a acepción de arte románica foise restrinxindo e pasou a designa-la arte desenvolvida en Occidente entre os séculos XI e XII, aínda que aínda hoxe seguen as controversias para determinar con exactitude a amplitude de espazo e tempo que abrangue este estilo.



무료 고해상도 사진 록, 건축물, 건물, 벽, 아치, 정면, 예배당, 예배 장소, 신전, 유적, 수도원, 역사, 중세, 고대 역사

, 촬영 Pro 815 01/07 2017 함께 찍은 사진 8.0mm, f/3.2s, 10/300s, ISO 50

모든 댓글(0)