무료 이미지 : 건축물, 집, 도시, 건물, 벽, 유럽, 시골의, 탑, 경계표, 정면, 스페인, 에스파냐, 유적, 건축술, 유로파, 갈리시아, 에스 파나, 갈리자, Galice, 프로 시아 코 루아, 소박한, 끔찍한 2820x2220

건축물, 집, 도시, 건물, 집, 벽, 유럽, 시골의, 탑, 경계표, 정면, 스페인, 에스파냐, 유적, 건축술, 유로파, 에스파, 갈리시아, 에스 파나, 갈리자, Galice, 프로 시아 코 루아, 소박한, 건축, 끔찍한 Public Domain

감사합니다 PxHere

저희 제작자들은 여러분의 의견을 듣고 사진을 어떻게 사용했는지보고 싶어합니다. 기부, 트윗, 페이스 북 및 팔로우를 통해 감사를 표하십시오!

기사에 포함 (예 : Wordpress, Blogspot)

Hórreo. Na Galipedia, a Wikipedia en galego. Un hórreo é unha construción destinada a gardar e conservar os alimentos afastados da humidade e dos animais para mantelos nun estado óptimo para o seu consumo.[1] Caracterízase por manterse sobreelevado sobre pés, co fin de evitar a entrada de humidade e animais dende o chan e por permitir a ventilación a través de rañuras nas paredes perimétricas. O antropólogo polaco Eugeniusz Frankowsky, en 1918, rexistra o uso de celeiros aéreos na Península Ibérica, rexión dos Alpes, península escandinava, área dos Balcáns, África subsahariana, Persia, sueste asiático, Xapón, península de Kamchatka e área do estreito de Bering, empregados para a conservación do cereal.[2] A especificidade do hórreo como tipoloxía reside na súa ligazón co cultivo do millo e á súa maduración e secado en zonas de clima atlántico. O uso do hórreo está estendido por boa parte do norte da Península Ibérica, con especial abundancia na rexión costeira noroeste, en áreas nas que a pronta chegada dun inverno longo, frío e húmido obriga a facer colleitas temperás. O uso do hórreo esténdese por toda Galicia, coa soa excepción dalgunhas zonas do sueste raiano. Tamén se emprega, sen grandes variacións formais, no occidente asturiano e na rexión portuguesa do Minho, onde é chamado espigueiro, canastro ou caniço. En Galicia recibe diferentes nomes segundo a zona: hórreo ou hórrio no centro-norte, cabazo no noroeste da Coruña, cabozo no norte de Lugo, canastro na zona sur, máis raramente canasto, cabaceiro entre o centro e o nordeste de Ourense, igual na mesma dirección en Lugo, pero mesturado con formas máis pechadas (cabeceiro, cabeceira, cabaceira), canizo entre a ría de Vigo e o río Miño, piorno no Salnés, cabana máis no interior, paneira no Morrazo, orno ou órneo no cabo do Morrazo, hórreo ou horro os de tipo asturiano no este de Lugo; e outros apelativos de extensión menor.[15] Trátase dun edificio de pequeno tamaño, oblongo e de planta rectangular con cuberta a dúas augas e escasa coxía. As súas dimensións, os seus materiais e os aparellos empregados na súa construción son moi variados, aínda que sempre dentro do repertorio habitual na arquitectura popular: cantería ou cachotería, madeira de castiñeiro, cuberta de tella cerámica, lousa de xisto ou colmo de centeo. Hai unha tipoloxía menos elaborada que comprende pequenos celeiros lixeiros chamados cabazos, formados por un corpo de pólas ou vimbios tecidos, cuberto por un pequeno cono de xesta ou colmo. En áreas do Courel úsase máis o hórreo de tipo asturiano, ás veces con cuberta de colmo de centeo, e usualmente de pequeno tamaño. Na zona costeira hai outra tipoloxía escasamente difundida, coñecida como hórrea, que difire do hórreo na súa maior anchura, na distribución interior en corredor central e cámaras laterais e en empregar ternas de pés no canto de parellas.



무료 고해상도 사진 건축물, 집, 도시, 건물, 집, 벽, 유럽, 시골의, 탑, 경계표, 정면, 스페인, 에스파냐, 유적, 건축술, 유로파, 에스파, 갈리시아, 에스 파나, 갈리자, Galice, 프로 시아 코 루아, 소박한, 건축, 끔찍한

, 촬영 Pro 815 01/07 2017 함께 찍은 사진 21.0mm, f/5.6s, 10/4000s, ISO 50

모든 댓글(0)