무료 이미지 : 돌 조각, 구조, 동상, 힌두교 사원, 고대 역사, 기념물, 미술, 신전, 예배 장소, 기둥, 성당 3015x2315

돌 조각, 구조, 조각, 동상, 힌두교 사원, 고대 역사, 조각, 기념물, 미술, 구조, 신전, 예배 장소, 기둥, 역사, 성당 Public Domain

감사합니다 PxHere

저희 제작자들은 여러분의 의견을 듣고 사진을 어떻게 사용했는지보고 싶어합니다. 기부, 트윗, 페이스 북 및 팔로우를 통해 감사를 표하십시오!

기사에 포함 (예 : Wordpress, Blogspot)

Hospital Real de Santiago de Compostela Na Galipedia, a Wikipedia en galego. Ten a súa orixe nunha viaxe que fixeron os Reis Católicos a Santiago de Compostela en 1492, na que advertiron que nesa cidade, a pesar de que contaba con numerosos pequenos hospitais, os peregrinos enfermos estaban mal atendidos, o que os impulsou á creación dun novo e moderno Hospital. Os peregrinos, ao presentaren A Compostela dilixenciada, coa credencial debidamente cuberta adquirían o dereito a seren hospedados gratuitamente durante tres días. Xustamente o termo hospital refírese a esta primeira función que tiveron estas institucións. Durante a Idade Media os hospitais desempeñaban as funcións de albergar aos peregrinos Na Europa occidental un dos primeiros edificios construídos exclusivamente como o hospital foi o que propuxo Filarete para o Ospedale Maggiore ("Hospital Maior") da cidade de Milán, en 1456 Planeouno racionalmente, como unha cruz grega dentro dun cadrado, coa igrexa do hospital no centro, e dous grupos de salas que formaban un cruceiro, separadas por un patio Este esquema serviu de exemplo para numerosos hospitais na Europa da época. En España, o arquitecto que mellor soubo adaptarse ás novas necesidades hospitalarias foi Henrique Egas (1455-1534), seguidor do modelo de Filarete, que construíu tres grandes hospitais: o Hospital Real de Santiago, o Hospital de Santa Cruz de Toledo e o Hospital Real de Granada. Egas pensou nun edificio con planta en forma de T, non en forma de cruz grega,Dous claustros situábanse a ambos os lados do T, un destinado aos homes e o outro ás mulleres. Na zona traseira dispoñíase unha horta, destinada ao cultivo de plantas medicinais, mentres que na intersección dos brazos do T situábase a capela, con bóveda de crucería e cunha elegante decoración. O Hospital Real construíuse co fin de dar servizo aos peregrinos, aínda que a maioría dos usuarios, debido á declinación das peregrinacións a partir do século XV, procedían de Santiago e a súa contorna. A partir das constitucións de Carlos V, no ano 1524, o hospital pasou a denominarse Gran Hospital Real de Santiago Coa desaparición do Real Patronato e as desamortizacións de Mendizábal e Madoz, o Hospital perde as súas rendas, pasando a depender das catro Deputacións provinciais de Galicia e, a partir de 1880, a da Coruña é a única institución responsábel do mesmo. O ano 1953, o Instituto Nacional de Previsión, dependente do Ministerio de Traballo, constrúe un novo edificio na rúa Galeras, a onde o Hospital se traslada ese mesmo ano, abandonando o antigo edificio, que actualmente é o Hotel dos Reis Católicos Respecto á parte artística, o proxecto de Egas inscríbese no estilo isabelino, que incorpora elementos tradicionais do gótico flamíxero, con novidades estéticas renacentistas e elementos decorativos clásicos. A parte máis avanzada desde este punto de vista constitúea a fachada principal, concibida como unha especie de gran retablo, cuxo eixe central está formado pola porta de arco de medio punto abucinada (o cal a relacionaba esteticamente cos edificios románicos que a rodeaban). Ao longo da mesma encontramos hornacinas, frisos de reis, figuras diversas, entre as que destacan as de Adán e Eva.



무료 고해상도 사진 돌 조각, 구조, 조각, 동상, 힌두교 사원, 고대 역사, 조각, 기념물, 미술, 구조, 신전, 예배 장소, 기둥, 역사, 성당

, 촬영 Pro 815 01/07 2017 함께 찍은 사진 18.0mm, f/5.6s, 10/4000s, ISO 50

모든 댓글(0)