무료 이미지 : 바다, 연안, 등대, 하늘, 기념물, 유럽, 경계표, 시계탑, 종탑, 스페인, 뾰족한 탑, 유로파, 토레, 에스파, 갈리시아, 아 코르 아, 놀이, 코 루아, 갈리자, Parquedatorre, 뇌졸중, 라코 루나 3100x2312

바다, 연안, 등대, 하늘, 기념물, 유럽, 탑, 경계표, 시계탑, 종탑, 스페인, 뾰족한 탑, 유로파, 토레, 에스파, 갈리시아, 아 코르 아, 놀이, 코 루아, 갈리자, Parquedatorre, 뇌졸중, 라코 루나 Public Domain

감사합니다 PxHere

저희 제작자들은 여러분의 의견을 듣고 사진을 어떻게 사용했는지보고 싶어합니다. 기부, 트윗, 페이스 북 및 팔로우를 통해 감사를 표하십시오!

기사에 포함 (예 : Wordpress, Blogspot)

Torre de Hércules Na Galipedia, a Wikipedia en galego. A Torre de Hércules é unha torre e faro situado na península da cidade da Coruña, que ten o privilexio de ser o único faro de orixe romana en funcionamento no mundo. O 27 de xuño de 2009 foi proclamada Patrimonio da Humanidade en Sevilla pola Comisión do Patrimonio Mundial da UNESCO[1]. Deste xeito converteuse no cuarto recoñecemento da UNESCO en Galicia xunto co Camiño de Santiago, a Muralla de Lugo e o Casco Vello de Santiago de Compostela[2]. A Torre de Hércules foi construída polos romanos como faro de navegación a finais do século I ou comezos do II d.C. durante a época de Traxano. Unha inscrición aos pés da torre indica que foi erguida por Gaio Sevio Lupo, arquitecto de Aeminium (hoxe Coimbra). Paulo Orosio menciónaa no século V d.C. No reinado de Carlos IV realizouse unha reconstrución completa que durou entre xullo de 1788 e decembro de 1790, dirixida por Eustaquio Giannini no estilo neoclásico. Hai varias lendas relacionadas coa súa construción. Unha delas, narrada na Crónica Xeral de Afonso X, conta que Hércules chegou en barca ás costas que rodean actualmente a Torre, e que foi precisamente no lugar onde hoxe se sitúa esta que enterrou a cabeza do xigante Xerión, despois de vencelo en combate e liberar ás xentes do lugar da súa tiranía. Sobre o lugar no que enterrou a cabeza ergueu unha torre e mandou logo poboar unha cidade. Crunna foi a primeira muller en se presentar e dela tomará nome a vila. No escudo da cidade aparece a torre e, por baixo dela, a caveira de Xerión. A outra lenda foi tomada do Libro das invasións de Irlanda durante o Rexurdimento: nel cóntase que o rei Breogán de Hispania ergueu unha torre desde a que o seu fillo Ith albiscou Irlanda; morreu no intento de conquistar a illa pero o seu irmán, Mil, si tivo éxito. A mención máis antiga da torre é de Paulo Orosio (comezos do século V), que a califica como "altísimo faro". Unha das representacións máis antigas coñecidas é a do Mapamundi do Beato de Burgo de Osma, do ano 1086.



무료 고해상도 사진 바다, 연안, 등대, 하늘, 기념물, 유럽, 탑, 경계표, 시계탑, 종탑, 스페인, 뾰족한 탑, 유로파, 토레, 에스파, 갈리시아, 아 코르 아, 놀이, 코 루아, 갈리자, Parquedatorre, 뇌졸중, 라코 루나

, 촬영 Pro 815 01/07 2017 함께 찍은 사진 31.0mm, f/6.3s, 10/5000s, ISO 50

모든 댓글(0)