무료 이미지 : 창문, 벽, 광고하는, 유럽, 녹색, 색깔, 깃발, 푸른, 미술, 스페인, 갈리시아, 갈리자 2222x1652
Public Domain
감사합니다 PxHere
기사에 포함 (예 : Wordpress, Blogspot)
No dia da Galiza Durante o século XIX houbo unha gran afluencia de emigrantes galegos cara a América. Un dos principais portos de saída da emigración era A Coruña. A tradición conta que os emigrantes galegos pensaron que a bandeira da provincia marítima da Coruña que ondeaba no porto e nos transatlánticos era de feito a bandeira de Galicia. Chegados ao novo continente, os emigrantes galegos comezaron a empregar a bandeira de matrícula da Coruña como bandeira galega. Anos máis tarde, a bandeira branca e azul cruzou o océano Atlántico de volta e foi adoptada en Galicia como a bandeira galega moderna. "A Bandeira Galega só ten dúas cores: branco e azul. O fondo é branco, e dende o ángulo superior da esquerda ata o ángulo inferior da dereita, atravesando o centro, unha franxa de cor azul que debe ter de ancho a terceira parte do alto ou ancho total da bandeira", publicado no ano 1898 no xornal O Eco de Galicia, A Habana, Cuba. O cáliz aparece documentado como motivo principal do escudo de armas do Reino de Galicia dende finais do século XIII. Así aparece documentado como armas os reis de Galyce no armorial Segar de Inglaterra do ano 1282. A representación gráfica das armas do Reino de Galicia foi evolucionando continuamente a través dos séculos; do orixinario cáliz pechado nun relicario (armoriales Bergshammar, Suecia, 1436, e Gymnich, Flandres, 1445) pasouse á súa representación en forma aberta; o orixinal campo azul da bandeira diversificouse tamén en vermello e branco; e o orixinal cáliz en campo liso sen ningún engadido pasou a conter decoración diversa como anxos e un número variable de cruces, entre unha, seis, sete, ou en campo sementado. Galipedia Samsung digital camera
무료 고해상도 사진 창문, 벽, 광고하는, 유럽, 녹색, 색깔, 깃발, 푸른, 미술, 스페인, 갈리시아, 갈리자
, 촬영 Pro 815 01/15 2017 함께 찍은 사진 77.0mm, f/5.0s, 10/10000s, ISO 50











