무료 이미지 : 빛, 검정색과 흰색, 화이트, 사진술, 창문, 벽, 어둠, 검은, 단색화, 대칭, 영상, 모양, blackwhitephotos, 흑백 사진, 필름 누아르 2575x2395
Public Domain
감사합니다 PxHere
기사에 포함 (예 : Wordpress, Blogspot)
O castelo de Vimianzo, tamén chamado torres de Martelo, é unha fortificación de orixe medieval situada na entrada da vila de Vimianzo, no concello coruñés do mesmo nome. Na actualidade acolle unha mostra permanente de artesanía popular. Atópase en moi bo estado de conservación. Conserva partes do século XIII, aínda que a maioría pertencen aos séculos XIV e XV. O edificio ten planta poligonal irregular adaptándose ao terreo. Componse de tres torres defensivas rectangulares ao redor dun patio de armas ademais da torre da homenaxe, coas súas voadas ameas. As ameas en punta de diamante que antes rodeaban a totalidade do castelo só se conservan na Torre da Homenaxe e no paseo dun dos muros. O seu perímetro está rodeado na súa totalidade por un profundo foso. Tamén conserva o camiño de ronda e no portalón de entrada ao patio pódese velo escudo con cabeza de lobo dos Moscoso. A proximidade da fortaleza á costa permitíalle controlar as rotas comerciais do mar do Norte, os negocios da sardiña e do sal e os botíns dos barcos que naufragaban nestas costas. No ano 1348 o rei Afonso XI confiscou esta fortaleza a Roi Soga Mariño de Lobeira, para venderlla ao arcebispo compostelán Xoan García de Manrique. Neste lugar tivo Pedro Madruga preso ao bispo de Tui, Diego de Muros, que pagou polo seu rescate setecentos mil reais. Durante a revolta irmandiña este castelo non foi unha excepción, asediado foi tomado polas armas e destruído en 1467. Pouco antes, en 1465, serviu de prisión para o Arcebispo de Compostela Alonso de Fonseca II, encarcerado nunha gaiola (que a lenda di de ouro), durante dous anos, por orde de Bernal Sánchez de Moscoso. Ó rematar a revolta o castelo reconstrúese por orde de Fonseca II. En 1472 regresou a mans dos Moscoso por obra do Conde de Altamira, Lope Sánchez de Moscoso. A partir deste momento será o centro da xurisdición señorial de Vimianzo, con dominio sobre Camariñas, Laxe, Zas e Muxía. A última gran reforma foi realizada no século XIX por Evaristo Martelo Paumán, Marqués de Almeiras, xa que nesta época o castelo estaba en bastante mal estado polo que acometeu obras para facelo habitable. Posteriormente a súa filla, Dolores Martelo de la Maza, solteira e sen descendencia, cedeu a fortaleza, ironías do destino ao Arcebispado de Santiago, que tanto puxara por el en tempos pretéritos. Finalmente en 1973 foi comprado pola Deputación da Coruña, que o acondicionou para a súa visita. Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
무료 고해상도 사진 빛, 검정색과 흰색, 화이트, 사진술, 창문, 벽, 어둠, 검은, 단색화, 대칭, 사진, 영상, 모양, blackwhitephotos, 흑백 사진, 필름 누아르
, 촬영 Pro 815 01/19 2017 함께 찍은 사진 8.0mm, f/5.0s, 10/1250s, ISO 50











