무료 이미지 : 사람, 머리, 헤어 스타일, 수염, 코, 턱, 얼굴 털 2120x2860
Public Domain
감사합니다 PxHere
기사에 포함 (예 : Wordpress, Blogspot)
Cántigas da Terra é un coro galego, formado na Coruña o 28 de decembro de 1916. Nun inicio formado unicamente por homes, Cántigas da Terra foi fundado o 28 de decembro de 1916 e debutou ante o público o 12 de xullo de 1917 no Teatro Rosalía de Castro da Coruña, coa peza A festa do Tabeirón, de Enrique Labarta Pose O 25 de setembro de 1922 o grupo actuou na praza de touros de Corcubión, con seis mozas vestidas co traxe típico da Mariña cantando no Coro acompañadas por vinte e tres homes En 1954 o coro foi invitado ao II Congreso de música celta celebrado en Brest, na primeira actuación dunha colectividade galega na Bretaña francesa. Nese congreso logo da comunicación presentada pola representación do Coro, aceptouse que "as características e constantes esenciais da música popular galega, eran coincidentes con aquelas outras dos países representados", pasando Galicia a ser considerada unha das nacións celtas. A formación gravou 19 discos. O primeiro deles foi en 1920, en matrices de cera, e o último foi presentado no 2004. Ademais participou en gravacións para programas de radio e televisión de varios países. Durante a súa historia o coro fixo actuacións nas aldeas e vilas galegas e de fóra do territorio, viaxando por España, Portugal, Francia, Suíza, Alemaña, Gran Bretaña, Arxentina e Brasil. O coro foi fundado co gallo de recuperar e espallar a música e a cultura galegas. O seu repertorio conta con máis de setecentas partituras, entre alalás, pandeiradas, maneos, foliadas, muiñeiras, cántigas de berce, cantares de arrieiro e de desafío ou alboradas. Procuran tamén a preservación do traxe tradicional, buscando antecedentes históricos e estudando as variación das distintas comarcas, así como o coidado da lingua vernácula coa recollida de termos propios. Tamén recollen todo tipo de instrumentos musicais populares, recuperando os xa en desuso. Galardóns e recoñecementos Medalla de Ouro ao Mérito Artístico da Coruña. Medalla de Ouro da Federación de Coros Clavé. Cruz dos Angeles de Oviedo. Medalla da Cidade de Saint-Malo, en Francia. Medalla da Cidade de Recife, no Brasil. Gravata de Honra da Generalitat de València. Gravata de Honra da Generalitat de Cataluña. Gravata de Honra da Deputación de Barcelona. Gravata de Honra da Deputación da Coruña. Gravata de Honra do Concello de Granada. Premio Lorenzo Barja do Real Coro Toxos e Flores de Ferrol. Galipedia.
무료 고해상도 사진 사람, 머리, 헤어 스타일, 수염, 얼굴, 코, 머리, 턱, 얼굴 털
, 촬영 COOLPIX P510 01/19 2017 함께 찍은 사진 143.0mm, f/5.2s, 10/4000s, ISO 110











