무료 이미지 : 나무, 꽃, 유럽, 가을, 성, 스페인, 관목, 갈리시아, 재산, 삼림지, 생태계, 갈리자, 지방 인물, 카스티요, 카스텔로, 생체, 우디 식물 2233x1617

나무, 식물, 꽃, 유럽, 가을, 성, 스페인, 관목, 갈리시아, 재산, 삼림지, 생태계, 갈리자, 지방 인물, 카스티요, 카스텔로, 생체, 우디 식물 Public Domain

감사합니다 PxHere

저희 제작자들은 여러분의 의견을 듣고 사진을 어떻게 사용했는지보고 싶어합니다. 기부, 트윗, 페이스 북 및 팔로우를 통해 감사를 표하십시오!

기사에 포함 (예 : Wordpress, Blogspot)

A fortaleza de San Paio de Narla, coñecida tamén como torre de Xiá, é unha fortaleza medieval hoxe en día convertida en museo. Construída nos séculos XII ou XIII foi solar e casa forte da familia dos Vasco de Seixas, pese a que as súas orixes son mais remotas. Como o nome do lugar indica e se fai evidente pola disposición do terreno, existía xa no lugar un castro na Idade do Ferro. Os primeiros documentos que fan referencia á fortaleza son do século XIV no ano 1350, citada como "rocha de Narrela" e un século máis tarde sofriu os ataques dos irmandiños, do que se ten constancia por documentos nos que Vasco de Seixas ordena realizar os traballos de reconstrución. No século XVIII pasou a mans dos Campomanes, que a habitaron e reformaron nos dous séculos seguintes e, a finais do século XIX, lla venderon á familia Novo. Ésta, pola súa volta, vendeulla por 5.000 pesetas a un novo propietario que pretendía derrubala para reutilizar a pedra. Por iniciativa do director do Museo Provincial de Lugo, Manuel Vázquez Seijas, a Deputación de Lugo adquiriuna en setembro de 1939 polo dobre dese prezo. Permaneceu varias décadas sen uso ningún até que, en 1983, o arqueólogo Felipe Arias Vilas convertiuna na sección de etnografía do Museo Provincial de Lugo (Museo etnográfico e histórico de San Paio de Narla). O edificio está composto por tres corpos e unha capela exterior de planta cadrada e cuberta a dúas augas que garda un retablo do século XIX cunha talla popular de San Paio. A fachada do castelo mide 37 metros e no seu corpo central une a torre da homenaxe cun torreón. Existe unha lenda relacionada con unha das ocupantes da fortaleza, dona Catalina de Santirso, esposa do señor da casa Vasco das Seixas (1520-1543) coñecido como o Señor das Torres, home despótico e colérico. Esta muller era tan virtuosa e honesta como fermosa e o seu marido tan namorado como ciumento, sendo moi querida polos seus súbditos xa que auxiliaba os pobres e trataba de evitar que a ira do seu marido caese sobre os seus servos. Éste desconfiou da súa fidelidade e bondade, tratou infructuosamente de envelenala polo que un día de Santos matouna de nove puñadas no peito nun arrebato de loucura. Mentres o asasino fuxía a Portugal a refuxarse nas terras do Duque de Verganza o cadaver quedou nas silvas durante catro días, que tras ser descuberto pola servidume foi soterrado na capela do castelo, mais o seu pai, Sancho López de San Tirso reclamou ante a Real Audencia da Coruña a investigación dos feitos. O abrir a tumba aos vinteún días, seguindo a crenza de que o corpo da muller que morre acusada inxustamente permanece incorrupto un mes. Perante o asombro e a admiración dos presentes, o cadáver apareceu incorrupto, cos brazos cruzados sobre o peito, tapando as feridas. Ao retirarllos, o sangue comezou a brotar, un forte aroma de rosas invadiu as naves da igrexa e escoitouse soar o órgano, ao que ninguén estaba sentado. O corpo recibiu nova e definitiva sepultura no cercano mosteiro de Sobrado dos Monxes. Uns emisarios partiron cara a terras do Duque de Verganza e días despois o asasino amencía asesinado. A primeira capela na que foi nun inicio soterrada pode verse ao pé do torreón do castelo. Fonte: Galipedia. Samsung digital camera



무료 고해상도 사진 나무, 식물, 꽃, 유럽, 가을, 성, 스페인, 관목, 갈리시아, 재산, 삼림지, 생태계, 갈리자, 지방 인물, 카스티요, 카스텔로, 생체, 우디 식물

, 촬영 Pro 815 01/19 2017 함께 찍은 사진 9.0mm, f/5.0s, 10/2500s, ISO 50

모든 댓글(0)