무료 이미지 : 건축물, 구조, 목재, 건물, 유럽, 아치, 기둥, 정면, 성당, 예배 장소, 인테리어 디자인, 조각, 스페인, 에스파냐, 신전, 건축술, 유로파, 에스 쿠 투라, 갈리시아, 피에 드라, 로마 니코, 편집, 포르 티코, 페드라, 갈리자, Galice, 이글레시아스, 이그렉 사스, 프로 인 시아 델고, 리베라 사크라, 오 사비, 산토에 스토 데리 바스 도미, 고대 역사 4608x3456
Public Domain
감사합니다 PxHere
기사에 포함 (예 : Wordpress, Blogspot)
Igrexa de Santo Estevo de Ribas de Miño Na Galipedia, a Wikipedia en galego. A igrexa de Santo Estevo de Ribas de Miño é un templo relixioso de estilo románico situado na parroquia de Santo Estevo de Ribas de Miño, no concello do Saviñao. Foi declarada Ben de Interese Cultural en 1931. Na fachada occidental ten unha porta central abucinada en arco de medio punto con catro arquivoltas, entre dous arcos de descarga en forma de portas cegas que harmonizan a fachada, con gardapós de puntas de diamante e xambas aboceladas. Na arquivolta interior hai sete figuras sedentes: o personaxe central ten un disco solar, e outro deles leva un crecente lunar; hai dous músicos, un cunha e outro cunha arpa; outro leva unha redoma, e hai dous que non levan nada. A segunda ten dous baquetas con escocia rechea de cuñas. A terceira ten un dobre trenzado e a cuarta un baquetón anelado con talos e unha flor. A parte exterior do conxunto, apoiado en catro pares de columnas acodilladas con fustes marmóreos. Os capiteis teñen motivos vexetais e animais, con dragóns mordendo as súas colas e harpías. O tímpano, liso, está soportado por dúas mochetas co demo e un anxo. Sobre da porta principal hai un amplo rosetón con vidro de varias cores e unha imaxe de Xesús Cristo no medio. Na fachada occidental ten unha porta central abucinada en arco de medio punto con catro arquivoltas, entre dous arcos de descarga en forma de portas cegas que harmonizan a fachada, con gardapós de puntas de diamante e xambas aboceladas. Na arquivolta interior hai sete figuras sedentes: o personaxe central ten un disco solar, e outro deles leva un crecente lunar; hai dous músicos, un cunha e outro cunha arpa; outro leva unha redoma, e hai dous que non levan nada. A segunda ten dous baquetas con escocia rechea de cuñas. A terceira ten un dobre trenzado e a cuarta un baquetón anelado con talos e unha flor. A parte exterior do conxunto, apoiado en catro pares de columnas acodilladas con fustes marmóreos. Os capiteis teñen motivos vexetais e animais, con dragóns mordendo as súas colas e harpías. O tímpano, liso, está soportado por dúas mochetas co demo e un anxo. Sobre da porta principal hai un amplo rosetón con vidro de varias cores e unha imaxe de Xesús Cristo no medio. O templo está situado á beira do río Miño, pouco máis abaixo do encoro de Belesar, dentro da Ribeira Sacra. Dado o escarpado da zona, para salvar os niveis fíxose a ábsida escavando na rocha, mentres que a fachada se construíu sobre unha cripta. Na alta idade media houbo no lugar un mosteiro ligado ao Mosteiro de San Paio de Diomondi, na parroquia próxima de Diomondi. No século XII tivo lugar en Galicia un auxe da vida monástica, e foi cando se construíu este templo.
무료 고해상도 사진 건축물, 구조, 목재, 건물, 유럽, 아치, 기둥, 정면, 성당, 예배 장소, 인테리어 디자인, 조각, 스페인, 에스파냐, 신전, 건축술, 유로파, 에스 쿠 투라, 갈리시아, 피에 드라, 로마 니코, 편집, 포르 티코, 조각, 페드라, 에스파냐, 갈리자, Galice, 건축, 이글레시아스, 이그렉 사스, 프로 인 시아 델고, 리베라 사크라, 오 사비, 산토에 스토 데리 바스 도미, 고대 역사
, 촬영 COOLPIX P510 01/23 2017 함께 찍은 사진 5.0mm, f/3.0s, 10/5000s, ISO 100











