무료 이미지 : 기념물, 유럽, 동상, 석상, 미술, 스페인, 에스파냐, 유로파, 갈리시아, 피에 드라, 폰테 베 드라, 푸에블로, 페드라, 구조, 갈리자, Galice, 포보스, 투이, 도미니카 공화국, 크루 세스, 크루 세이로, 돌 조각, 고대 역사 3085x3430

기념물, 유럽, 동상, 석상, 조각, 미술, 스페인, 에스파냐, 유로파, 갈리시아, 피에 드라, 폰테 베 드라, 푸에블로, 조각, 페드라, 구조, 에스파냐, 갈리자, Galice, 포보스, 투이, 도미니카 공화국, 크루 세스, 크루 세이로, 돌 조각, 고대 역사 Public Domain

감사합니다 PxHere

저희 제작자들은 여러분의 의견을 듣고 사진을 어떻게 사용했는지보고 싶어합니다. 기부, 트윗, 페이스 북 및 팔로우를 통해 감사를 표하십시오!

기사에 포함 (예 : Wordpress, Blogspot)

Catedral de Santa María de Tui Na Galipedia, a Wikipedia en galego. A Catedral de Santa María de Tui é un templo católico situado na cidade de Tui, pola que pasa o río Miño. En época sueva Tui converteuse en sede episcopal, e a construción da Catedral foi iniciada no século XII, aproximadamente no ano 1120 e foi rematada no 1180, en plena época de estilo románico. É a sede da diocese de Tui-Vigo, e foi declarada Ben de Interese Cultural en 1931. A catedral é o máximo expoñente do patrimonio artístico de Tui. Sitúase na parte máis alta da localidade, na croa do antigo castro Tide que debeu existir antes do inicio da nosa era. Da época do románico consérvase a planta, a portada norte e a iconografía dos capiteis. Tamén contén elementos de estilo gótico, na fachada principal, datada aproximadamente no ano 1225. Este dato ten importancia, xa que foi a primeira construción de estilo gótico de toda a Península Ibérica. A súa situación, nun punto elevado da fronteira con Portugal, determina o seu uso. Ademais das propias dun templo católico, a catedral desempeñaba un papel central na defensa da cidade, como proban a torre do homenax ou dos Soutomaior ou as almeas que rodean o claustro. Portada Norte De estilo románico, cun engadido superior gótico. A porta, de arco de medio punto ten arquivoltas con decoracións xeométricas (a última con axedrezado) e un tímpano liso sostido por canzorros de cabezas animais, que semellan un carneiro e un lobo. Sobre a porta podemos ver a imaxe de San Epitacio, segundo a tradición, primeiro bispo de Tui. Pórtico Real Situado na fachada oeste, con iconografía de mediados do século XIII. Ten oito pares de columnas con estatuas de San Xoán, San Pedro, Isaías, Moisés, Daniel, Xeremías ou ben Berenguela e Fernando I ou Fernando II e Urraca de Portugal. Interior A Catedral, con planta de cruz latina, está dividida en tres naves. Da súa arquitectura destacan os tirantes que van de columna a columna e que axudan a manter firme a estrutura da fábrica e os reforzos, non tan visibles, que teñen algúns dos arcos das naves laterais. Os tirantes son necesarios posto que a estrutura da catedral está lixeiramente inclinada e afundiría sen eses reforzos. A causa deste problema estrutural está, para uns, no terremoto de Lisboa de 1755, Retablo da expectación. Popularmente coñecido como ‘’Altar da preñada’’. É un retablo barroco, situado no brazo sur do cruceiro da Catedral, cuxa figura central á a Virxe preñada de Xesús, todo o resto do retablo, no que destacan as figuras de Adán e Eva, fai un repaso das promesas mesiánicas contidas no Antigo Testamento. Desde o punto de vista artístico, é a peza máis salientable de todo a Catedral. Retablo do Monumento. Situado sobre a porta do cruceiro norte. É un curioso retablo que conta cunha escaleira monumental desmontable que se garda dentro do propio retablo. Durante o ano a escaleira queda desmontada e o retablo está presidido por una imaxe procesional de san Telmo. Para a Semana Santa, retírase a imaxe e móntase a escaleira para usar o retablo como “Monumento” na celebración do Xoves Santo. O claustro, é o único gótico conservado orixinalmente de toda Galicia. Construído no século XIV con arcadas oxivais e bóveda de crucería. Sala capitular románica (século XII).



무료 고해상도 사진 기념물, 유럽, 동상, 석상, 조각, 미술, 스페인, 에스파냐, 유로파, 갈리시아, 피에 드라, 폰테 베 드라, 푸에블로, 조각, 페드라, 구조, 에스파냐, 갈리자, Galice, 포보스, 투이, 도미니카 공화국, 크루 세스, 크루 세이로, 돌 조각, 고대 역사

, 촬영 COOLPIX P510 01/23 2017 함께 찍은 사진 16.0mm, f/4.0s, 10/1000s, ISO 280

모든 댓글(0)