We use cookies and other technologies on this website to enhance your user experience. Read more Privacy Policy.I Agree

Bildet : stein, tre, monument, statue, skulptur, Kunst, tinning, gravstein, utskjæring, monolitten, stele, antikkens historie 2112x2874

stein, tre, monument, statue, skulptur, Kunst, tinning, gravstein, historie, utskjæring, monolitten, stele, stein, antikkens historie Public Domain

Si takk til PxHere

Skaperne våre elsker å høre fra deg og se hvordan du har brukt bildene deres. Vis din takknemlighet ved å donere, tweete, facebook og følge!

Bygg inn i artikkelen din (f.eks. Wordpress, Blogspot)

A igrexa de Santa María a Nova é un dos monumentos relixiosos e históricos máis representativos da vila de Noia. Trátase dunha igrexa construída en 1327 sobre outra máis antiga (do século XII), no centro do cemiterio histórico da cidade, e posúe unha mostra singular de laudas sepulcrais que datan dos séculos XIV ó XIX. Foi declarada monumento histórico artístico en 1973 e non posúe culto, estando actualmente dedicada a Museo. Foi construída polo arcebispo santiagués Berenguel de Landoira (1262-1330), de orixe francesa, en estilo gótico mariñeiro con influencia do románico [1], sobre outra igrexa anterior do século XII. Isto pode explica-la denominación de Santa María a Nova como testemuña dunha anterior Santa María a Vella. Ten unha soa nave con tellado de madeira sobre arcos apuntados que a dividen en catro tramos, e, na cabeza, a capela maior, cuadrangular, con bóveda de canón. No lado do Evanxeo, á esquerda, a capela dos Carneiro, ou de San Pedro, cunha bóveda en forma de cuncha de vieira. No exterior, destaca o tímpano da porta principal, que conserva restos da policromía orixinal. No tímpano represéntase a Adoración dos Reis: estes están á dereita da Virxe, e á esquerda está a imaxe do bispo Landoira axeonllado e, tras del, San Xosé. En 1817 construíuse un pequeno pórtico protexendo a entrada. No centro da fachada, un rosetón gótico, e sobre el unha pequena espadana. No altar maior destaca un retablo barroco, de 1760, no que se mostra, á esquerda, a imaxe da Virxe do Carme sacando as ánimas do purgatorio, e á dereita, a Quinta Angustia. A capela plateresca dos Carneiro foi construída en 1575 por Pedro de Cereceda. Contén dous sartegos baixo cadanseu arco, un do fundador, Pero Carneiro, e outro de Álvaro Paz Carneiro. No primeiro, coa figura esculpida do personaxe, unha inscrición lémbrao: "ACI GAZ PO CARNEIRO FILLO D Pº Aº DA CORREDOIRA" (Aquí xace Pedro Carneiro, fillo de Pedro Alonso da Corredoira). Este Pero Carneiro foi un mercader que chegou a alcalde da vila de Noia, e prestou diñeiro ó cardeal e arcebispo compostelán Gaspar de Abalos (1542-1545) cando este estaba en Xénova [2]. O sepulcro de Álvaro Paz, finado pola peste en 1348, carece de figura; o seu epitafio di: "AQUI IAZ ALVARO PAZ CARNEIRO QUE SE FINOU ENA MORTALDA XV DIAS D'AGOSTO ERA MCCCLXXXVI ANOS". No chan da capela hai tres laudas con escudos heráldicos labrados, moi desgastados. Corre a lenda de que o cemiterio está feito coa terra que trouxeron desde Palestina os barcos noieses. Outra lenda conta a orixe do cruceiro e o seu baldaquino: isto eran dous irmáns que se separaron durante o transcurso dunha guerra en Xerusalem. O irmán maior, por máis que pescudou durante sete anos, non atopou o pequeno e, cando regresou a Noia mandou construír o cruceiro en memoria do desaparecido, ó que creía morto. Pero o certo é que o irmán menor caera preso e logrou escapar pero cando volveu, o outro xa morrera, e mandou construí-lo baldaquino sobre o cruceiro do irmán en memoria deste. Fóra lendas, o certo é que no cemiterio da igrexa impartíase xustiza ata o ano 1517, data na que as autoridades eclesiásticas prohibiron este uso. Na parte sur hai outro cruceiro, gótico do século XVI A verdadeira importancia do cemiterio desta igrexa está na colección de laudas sepulcrais. O número total de laudas que se conservan parece supera-los cincocentos [4], se ben só unha pequena parte están recuperadas e expostas ó público, tanto no interior como no exterior da igrexa Galipedia.



Den gratis høyoppløselig bilde av stein, tre, monument, statue, skulptur, Kunst, tinning, gravstein, historie, utskjæring, monolitten, stele, stein, antikkens historie

, tatt med en COOLPIX P510 01/07 2017 Bildet er tatt med 5.0mm, f/3.0s, 10/80s, ISO 500

Alle kommentarer(0)