Bildet : stein, arkitektur, bygning, vegg, Europa, fasade, blå, kapell, gudshus, Spania, ruiner, kloster, europa, Galicia, piedra, Pedra, middelalderen, espana, galiza, provincialugo, Castillos, torres, Castelos, antikkens historie 3264x2448
Public Domain
Si takk til PxHere
Bygg inn i artikkelen din (f.eks. Wordpress, Blogspot)
youtu.be/ntBZHgK9JGY O Castelo do Castrodouro atópase na parroquia do Castro, no Concello de Alfoz e debe a súa fama á súa relación co mariscal Pardo de Cela Edificado sobre un antigo e importante castro romano, pertenceu ao longo da Idade Media á Mitra mindoniense, despois de preitearen os veciños de Alfoz pola súa propiedade, e de ser precisa e decisiva a intervención dos Reis. Cando a finais do século XV degolan a Pardo de Cela, era mariscal o seu dono por mor, probablemente, de formar parte do dote da súa voda. Cando en decembro do 1483 Pero Pardo de Cela foi axustizado, volve ao poder da Mitra mindoniense Pedro Pardo de Cela Aguiar e Ribadeneira, nado en Betanzos cara ao 1425 e degolado en Mondoñedo o 17 de decembro de 1483, tamén coñecido como Don Pero Pardo de Cela, foi un mariscal galego medieval, decapitado diante da catedral mindoniense por mandato do gobernador do reino nomeado polos Reis Católicos. Á morte de Henrique IV de Castela, a maioría da nobreza castelá apoiou a causa de Isabel de Castela, acusando á filla do rei Xoana de ser filla ilexítima de Beltrán de la Cueva e alcumándoa la Beltraneja. A nobreza galega en xeral apoiou á herdeira máis lexítima que ademais supoñía a unión dos reinos de Castela e Portugal fronte á unión con Aragón. Pardo de Cela, xunto coa súa familia política e o bispo Alonso I de Fonseca, puxéronse da parte de Isabel e parece que o mariscal chegou a combater en Zamora. Participou tamén xunto a Fonseca no cerco a Pontevedra de 1476. No 1476 é destituído da alcaldía polos Reis Católicos. O 10 de xuño de 1478 os reis comínano a satisfacer as súas débedas coa coroa inmediatamente e o 26 dese mes Fernando de Aragón prohíbelle construír fortalezas, utilizar portos e entrar en Viveiro e na súa comarca, baixo pena de confiscación En 1483 cae a fortaleza da Frouseira e o 7 decembro é detido na casa de Fonsa Yáñez en Castrodouro (no actual concello de Alfoz, Lugo) e lévano preso a Mondoñedo, onde dez días despois lle cortan a cabeza "por cruel e poderoso", segundo palabras do Poder Real. A figura do mariscal é unha das máis mitificadas da Historia de Galicia. Moitas veces foi usada como símbolo de resistencia da nobreza galega fronte á castelá, visión que a historiografía deu como simplificada por demais. Da mesma forma, tamén o é a intención de facer do mariscal un criminoso sen escrúpulos. Pardo de Cela era un personaxe normal no seu contorno: A nobreza galega da época que dubidaba entre a unión con Portugal ou con Castela e que intentaba extorquir aos servos de tal forma que deu lugar ás revoltas irmandiñas. Non obstante, a lenda máis tradicionalmente asentada en torno á execución do Mariscal, di que a súa muller, Isabel de Castro traía con ela o perdón real cando foi entretida nun lugar coñecido coma a "ponte do pasatempo" polas xentes do bispo de Mondoñedo, inimigo do Mariscal. No entanto, a execución estaríase a consumar Galipedia, Wikipedia en galego.
Den gratis høyoppløselig bilde av stein, arkitektur, bygning, vegg, Europa, fasade, blå, kapell, gudshus, Spania, ruiner, kloster, europa, Galicia, piedra, Pedra, middelalderen, espana, galiza, provincialugo, Castillos, torres, Castelos, antikkens historie
, tatt med en Pro 815 01/19 2017 Bildet er tatt med 8.0mm, f/5.0s, 10/10000s, ISO 50











