We use cookies and other technologies on this website to enhance your user experience. Read more Privacy Policy.I Agree

Poze : natură, aripă, lemn, Europa, ciupercă, floră, a închide, Spania, ochi, naturaleza, Galiția, Natureza, a seta ca, Natur, espana, Galiza, Oleiros, micologia, provonciacoru un, stridii ciuperci, ciuperci medicinale, Pleurotus eryngii 2580x1844

natură, aripă, lemn, Europa, ciupercă, floră, a închide, Spania, ochi, Europa, naturaleza, Galiția, Natureza, a seta ca, Natur, espana, Galiza, Oleiros, micologia, provonciacoru un, stridii ciuperci, ciuperci medicinale, Pleurotus eryngii Public Domain

Spune mulțumiri PxHere

Creatorii noștri adoră să audă de tine și să vadă cum le-ai folosit fotografiile. Afișați-vă aprecierile prin donarea, twittearea, facebook-ul și următoarele!

Încorporați în articolul dvs. (de exemplu, Wordpress, Blogspot)

Cerrote Na Galipedia, a Wikipedia en galego. O cerrote, zarrote, zarrota, choupín, cachote, cogordo, patamela ou monxo (Macrolepiota procera) é un cogomelo moi habitual en Galiza, comestible e moi apreciado. En moitas zonas, o termo cerrote e as súas variantes emprégase tan só como sinónimo de cogomelo. Caracterízase fundamentalmente polo seu gran tamaño, chegando ós 20 cm de altura e 10-30 cm de diámetro. O sombreiro é cerrado e globoso ó principio para irse abrindo co tempo ata adoptar unha forma basicamente chá cun mamelón central ben marcado. Está cuberto superiormente por unha cutícula grosa que se rompe en láminas ou escamas de cor marrón sobre un fondo branco, dispostas concentricamente e algo levantadas; co tempo, poden desprenderse na periferia pero nunca do mamelón central, que permanece marrón. As láminas son brancas, numerosas e de cor branco cremoso, se ben van empardecendo co tempo. Son desiguais e separadas do pé. A esporada é branca [2]. O pé é esvelto e cilíndrico e sepárase doadamente do sombreiro; é oco. Presenta un bulbo patente na base, cuberto por un lanuxe branco, e un anel de cor branca por riba e parda por baixo, amplo, dobre, fibroso, que pode estar solto e desprazarse ó longo do pé. A superficie do pé é de cor branca con manchas irregulares marróns, dando un aspecto acebrado. A carne é branca, non alterándose a cor ó ser cortada, cun aroma e sabor característicos e agradables. É unha especie comestible, sobre todo antes de que se estenda o sombreiro; co paso do tempo vanse facendo máis indixestas. Non se recomenda come-lo pé por ser demasiado fibroso. Nos exemplares máis desenvolvidos pode ser aconsellable raspa-las escamas do sombreiro e retira-las laminiñas. Unha das formas máis usuais de cociñar este cogomelo é simplemente á prancha. Tamén, rebozando o sombreiro en ovo e fariña e fritir na tixola. Só podería confundirse cunha especie velenosa, a Lepiota helvella, que se recoñece pola cor rosada mate do sombreiro, o anel moi reducido e a carne que se torna vermella ó pouco de cortala. En calquera caso, o tamaño serve para evitar calquera confusión, xa que esta L. helvella non chega a supera-los 6 cm de diámetro. Medra en bosques de piñeiros e árbores caducifolias pero resulta máis habitual en prados, zonas de monte baixo ou baixo as viñas. Pode atoparse xa a finais de verán e no outono, e resulta rara en primavera.



Liber de înaltă rezoluție fotografia natură, aripă, lemn, Europa, ciupercă, floră, a închide, Spania, ochi, Europa, naturaleza, Galiția, Natureza, a seta ca, Natur, espana, Galiza, Oleiros, micologia, provonciacoru un, stridii ciuperci, ciuperci medicinale, Pleurotus eryngii

, luate COOLPIX S4 01/19 2017 Imaginea luată cu 8.0mm, f/3.5s, 10/843s, ISO 50

toate comentariile(0)