รูปภาพ : ตัวเมือง, ซอย, หมู่บ้าน, ยุโรป, เลน, สเปน, espagne, โครงสร้างพื้นฐาน, ยูโรปา, espaa, กาลิเซีย, Piedra, Pueblos, espanha, Pedra, Galiza, galice, pobos, provinciaourense, allariz, provinciadeourense, ผิวถนน, เขตเมือง, ประวัติศาสตร์สมัยโบราณ, ย่านที่อยู่อาศัย, การตั้งถิ่นฐานของมนุษย์, โครงสร้าง nonbuilding 2360x2445
Public Domain
พูดขอบคุณ PxHere
ฝังลงในบทความของคุณ (เช่น Wordpress, Blogspot)
Allariz é un concello da provincia de Ourense e pertence á bisbarra de Allariz - Maceda. Segundo o IGE en 2009 tiña 5.821 habitantes (5.506 no 2007, 5.433 no 2006, 5.351 no 2005, 5.313 no 2004, 5.216 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é Allaricense ou Alaricano. O seu papel propiamente histórico comeza no século XI, ao se converter no berce da monarquía galaico-leonesa. No propio século XI Afonso VI manda erguer o Castelo e as murallas. Entre os anos 1132 e 1140 foi fundamental nas guerras contra a expansión secesionista de Portugal, polas que o sur de Galicia non foi absorbido polo Reino de Portugal. No século XII Afonso VII concédelle á Vila o famoso Foro que a converteu en poboación de realengo. Todo indica que o Castelo de Allariz foi sempre residencia das familias reais e lugar de educación dos príncipes e dos infantes. O período chamado "Século de Galiza", no que esta se cubriu de igrexas, mosteiros, castelos e prósperas poboacións e no que as artes e as letras chegaron a construír unha civilización propia, foi consecuencia da irradiación do poder real aquí asentado. Sendo rei Afonso X o Sabio, veu en darse á Vila un trato especialísimo, e mesmo se mantivo e reforzou a vixencia do foro de Afonso VII contra a súa propia tendencia unificadora. Porén, non puido conter a revolta da Vila de Allariz en favor do infante Don Sancho quen a nomeou “Chave do Reino de Galicia”, ao mesmo tempo que en extramuros medraba unha importante colonia xudía. A finais do XIV agudizouse a oposición entre o poder real que representaba a Vila e o episcopal do veciño Ourense. En 1446 Xoán II cedeu a Vila e a súa xurisdición ao Conde de Benavente que a desexaba para as súas aspiracións de dominar toda Galicia. En 1471 os Irmandiños de Galicia sitiaron o Castelo. Este famoso cerco durou 9 meses. No mesmo século XV tivo lugar a fundación do Hospital. O século XIX comeza coa ocupación das tropas napoleónicas, o que causou numerosos estragos no valioso patrimonio da Vila, mais o exército de Soult, derrotado no Porto buscou tres meses despois un precario refuxio na Vila. A desamortización de mediados de século levou ao desmantelamento do Castelo e arruinou o Mosteiro. O século remata coa desaparición da ponte da “Zapatería” e de boa parte dos tramos amurallados. En 1900, a Vila vive intres de prosperidade, chegando a ter 10.000 habitantes. O liño era a principal ocupación con máis de 50 talleres. A decadencia desta actividade coincide co despunte do curtido do coiro, principal actividade da bisbarra xunto coa cerámica até principios dos 60. Dende entón, prodúcese unha decadencia económica e demográfica da que Allariz rexurde nos últimos anos. Galipedia.
ฟรีภาพความละเอียดสูงของ ถนน, ถนน, ตัวเมือง, ซอย, หมู่บ้าน, ยุโรป, เลน, สเปน, espagne, โครงสร้างพื้นฐาน, ยูโรปา, espaa, กาลิเซีย, Piedra, Pueblos, espanha, Pedra, Galiza, galice, pobos, provinciaourense, allariz, provinciadeourense, ย่าน, ผิวถนน, เขตเมือง, ประวัติศาสตร์สมัยโบราณ, ย่านที่อยู่อาศัย, การตั้งถิ่นฐานของมนุษย์, โครงสร้าง nonbuilding
, การยิง Pro 815 01/07 2017 ภาพที่ถ่ายด้วย 8.0mm, f/5.0s, 10/1600s, ISO 50











