รูปภาพ : ทะเล, มหาสมุทร, ยุโรป, ยานพาหนะ, ท่าเรือ, สเปน, โครงสร้างพื้นฐาน, ยูโรปา, mar, กาลิเซีย, Acorua, ช่อง, เรือลากจูง, เรือบรรทุกสินค้า, corua, Galiza, กะลาสีเรือ, Barcos, Portocorua, เรือขนส่ง, เรือประมง, การขนส่งสินค้า, เรือบรรทุกน้ำมัน 2233x1632
Public Domain
พูดขอบคุณ PxHere
ฝังลงในบทความของคุณ (เช่น Wordpress, Blogspot)
O porto da Coruña é un porto galego situado tralo dique de abrigo da cidade da Coruña, bañada polo océano Atlántico. É un dos motores económicos da cidade, con seis quilómetros de peiraos e preto dun millón de metros cadrados de superficie marítima e terrestre. O porto da Coruña conta cun sector acondicionado para desembarcar graneis sólidos (carbón, coque) e contedores. No ano 2007 movéronse 13.842.964 toneladas de mercadorías no porto[1], o que supón un incremento total do 3,68 % respecto ao 2006, o que o converte no gran porto de mercadorías de Galicia e un de referencia no norte da península Ibérica, seguido de preto por Ferrol-San Cibrao (10.228.000 toneladas). Este tráfico está dividido en: Graneis líquidos, con 8.310.850 toneladas. Destaca o crecemento en petróleo cru, e o descenso en gasolinas, por mor da forza da divisa Europea, que dificulta as exportacións no sector. Graneis sólidos, con 4.412.945 kg e centrado no trigo, o millo e o carbón, aínda que cunha tendencia descendente. Mercadorías xerais, con 1.389.169 toneladas, protagonizadas pola palanquilla, aramios e ferros. Tráfico de contedores, no que o Porto da Coruña inaugurou recentemente unha nova liña co X-Pres Container, sumándose á xa existente con OPDR. O notable incremento nas Mercadorías Xerais está a diversifica-lo traballo portuario, e xera máis opcións de crecemento. Pesca fresca, con 31.094.395 kg. A importancia da industria conserveira na Coruña demanda gran cantidade de peixe No ano 2004 comezou a construción do porto exterior da Coruña, que se aprobara en 1997. Está situado no concello limítrofe de Arteixo, que ampliará enormemente as instalacións portuarias e as desprazará fóra do casco urbano. O espazo baleiro é susceptible dunha rehabilitación modélica, que será denominada Cidade do Mar e xunto co porto exterior de Ferrol vai constituír unha das zonas industriais marítimas e loxísticas máis importantes da Unión Europea. O novo porto contará cun dique de abrigo de 3.250 metros de longo, 264 hectáreas de augas interiores (o equivalente a máis de 100 campos de fútbol), 91 hectáreas de terreo edificable e un contradique de 600 metros no extremo oeste das obras. Ademais, tamén contará con conexións por estrada coa A-6 e por ferrocarril. A liña de atraque superará os 9 quilómetros con calados que irán dos 16 aos 30 metros, o que permitirá o atraque de buques de ata 250.000 toneladas de peso. Tamén ten previstas unhas ampliacións no 2020, para deixar libres aos peiraos de San Diego e Oza. Traido da Galipedia
ฟรีภาพความละเอียดสูงของ ทะเล, มหาสมุทร, เรือ, เรือ, ยุโรป, ยานพาหนะ, ท่าเรือ, ท่าเรือ, สเปน, โครงสร้างพื้นฐาน, ยูโรปา, mar, กาลิเซีย, Acorua, ช่อง, เรือลากจูง, เรือบรรทุกสินค้า, corua, Galiza, กะลาสีเรือ, Barcos, Portocorua, เรือขนส่ง, เรือประมง, การขนส่งสินค้า, เรือบรรทุกน้ำมัน
, การยิง Pro 815 01/07 2017 ภาพที่ถ่ายด้วย 21.0mm, f/5.0s, 10/6400s, ISO 50











