รูปภาพ : ตัวเมือง, อาคาร, อนุสาวรีย์, หอคอย, สถานที่สำคัญ, คริสตจักร, มหาวิหาร, โบสถ์, สถานที่สักการะบูชา, หอระฆัง, ยอดแหลม, อาราม, escultura, Piedra, Pontevedra, Pedra, iglesias, igrexas, cruceiros, ทัวร์, สถานที่ประวัติศาสตร์ 2345x1797
Public Domain
พูดขอบคุณ PxHere
ฝังลงในบทความของคุณ (เช่น Wordpress, Blogspot)
www.goear.com/listen/b4f9cc4/danza-de-san-roque-de-hio-mi... O cruceiro do Hío é sen dúbida o máis importante e elaborado dos cruceiros galegos [1]. Está situado na praza que se abre fronte á igrexa de Santo André, románica do século XII, na parroquia do Hío, concello de Cangas. Os especialistas atribúeno á man de Xosé Cerviño García, tamén chamado Pepe da Pena, pero cómpre indicar que outros negan esta autoría e consideran como autor a Ignacio Cerviño Quinteiro, outro canteiro e escultor da mesma época que aquel. Foi tallado en 1872 nunha soa peza de granito, A escultura consiste nunha representación dramatizada dos momentos máis significativos do home, desde a creación ata a redención, co habitual simbolismo iconográfico do estilo barroco. A identificación e papel das figuras esculpidas tamén é obxecto de diferentes interpretacións segundo a fonte que se consulte. A escea principal reflicte o descendemento ou desencravo de Cristo. A figura central, naturalmente, é Xesús, xa morto, ó que baixan da cruz suxeito cunha tea por baixo dos brazos. Dous homes encaramados nos brazos da cruz, Xosé de Arimatea (propietario do sepulcro onde se enterraría a Xesús) e Nicodemo (un fariseo próximo a Xesús), suxeitan o pano e descenden o corpo de Cristo ás mans de San Xoán que, no pé da cruz, cólleo polas pernas. A San Xoán acompáñano a Virxe e de María Magdalena, aínda que hai quen di que son as tres Marías. Dous anxelotes completan o grupo. O Calvario está sobre unha ménsula, cuxa cara superior imita a forma dun monte, apoiada sobre catro anxos, a modo de atlantes. Tomado da Galipedia.
ฟรีภาพความละเอียดสูงของ ตัวเมือง, อาคาร, อนุสาวรีย์, หอคอย, สถานที่สำคัญ, คริสตจักร, มหาวิหาร, โบสถ์, สถานที่สักการะบูชา, หอระฆัง, ยอดแหลม, อาราม, escultura, Piedra, Pontevedra, Pedra, iglesias, igrexas, cruceiros, ทัวร์, สถานที่ประวัติศาสตร์
, การยิง COOLPIX S4 01/15 2017 ภาพที่ถ่ายด้วย 7.0mm, f/5.6s, 10/3373s, ISO 50











