We use cookies and other technologies on this website to enhance your user experience. Read more Privacy Policy.I Agree

รูปภาพ : สุสาน, หลุมฝังศพ, อนุสรณ์, ข้อความ, ศิลาฤกษ์, Stele, โบราณสถาน, แกะสลักหิน, ประวัติศาสตร์สมัยโบราณ, โล่ที่ระลึก 2136x1696

สุสาน, หลุมฝังศพ, อนุสรณ์, ข้อความ, ศิลาฤกษ์, Stele, โบราณสถาน, แกะสลักหิน, ประวัติศาสตร์สมัยโบราณ, โล่ที่ระลึก Public Domain

พูดขอบคุณ PxHere

ผู้สร้างของเราชอบที่จะได้ยินจากคุณและดูว่าคุณใช้รูปภาพของพวกเขาอย่างไร แสดงความชื่นชมของคุณโดยการบริจาคทวีต Facebook และติดตาม!

ฝังลงในบทความของคุณ (เช่น Wordpress, Blogspot)

youtu.be/X1Ov9Jryiw0 Rosalía de Castro de Murguía, de solteira, Rosalía de Castro, nada en Santiago de Compostela o 24 de febreiro de 1837 e finada en Padrón o 15 de xullo de 1885, é unha das meirandes escritoras en lingua galega así como tamén unha das principais responsábeis do Rexurdimento galego decimonónico. O 17 de maio, Día das Letras Galegas celébrase co gallo de ser a data de edición da súa obra Cantares gallegos. Na actualidade, a figura de Rosalía de Castro e as súas creacións literarias continúan sendo obxecto dunha abondosa bibliografía e recibindo unha constante atención crítica, tanto no territorio español como no estranxeiro. Rosalía de Castro escribiu tanto en prosa coma en verso, empregando o galego e o castelán. A súa obra estivo profundamente marcada pola circunstancias que rodearon a súa vida: coma a súa orixe, os problemas económicos, a perda dos seus fillos e a súa fráxil saúde. En 1863 foi publicado en Vigo o seu primeiro grande libro, Cantares Gallegos, publicado polo seu marido, Manuel Murguía, quen xestionou, sen o permiso da súa muller, a saída do prelo dun poemario que fixa o comezo dunha nova xeira para a poesía galega e que, sen dúbida, é a base de todo o rexurdimento literario e non literario da literatura galega. Cantares gallegos constitúe o primeiro libro escrito en galego nunha época na que a lingua galega estaba extinta coma lingua escrita. Moitos poemas do seu libro son glosas de cantigas populares, nelas Rosalía denuncia a miseria, a pobreza e a emigración masiva a que estaban obrigados os galegos, sen deixar de verte-los seus sentimentos e vivencias persoais. En 1880 a escritora publicou unha escolma de poemas á que chamaría Follas Novas. Nun comezo o poemario concibiuse como unha continuación de Cantares gallegos: O 40% dos poemas de Follas novas teñen afinidade co texto publicado en 1863, mentres que o resto das composicións presentan un diferente espírito poético motivado polo afastamento da terra, as desgrazas familiares e as doenzas físicas e morais. Estamos, xa que logo, ante unha poética que afonda nos sentimentos, na saudade e que ten frecuentemente, por horizonte, a fronteira do propio ser. Rosalía botou os derradeiros anos da súa vida en Padrón, onde a familia alugara a casa da Matanza, que despois se convertería en casa-museo. A morte do seu fillo máis novo aos dous anos por mor dun accidente e a súa enfermidade amargáronlle os derradeiros anos. Morreu de cancro en 1885, aos corenta e oito anos na súa casa de Padrón -a cal é hoxe un museo-. Rosalía foi soterrada no camposanto da Adina. Anos máis tarde, en 1891, os seus restos foron trasladados ó actual Panteón de Galegos Ilustres, na igrexa de San Domingos de Bonaval, en Santiago de Compostela. A valoración da obra rosaliana e a mitificación da escritora producíronse tralo falecemento da mesma, posto que ao longo da súa vida esta foi permanentemente menosprezada e marxinada, ficando fóra de escritos tan relevantes como La literatura en 1881 de Leopoldo Alas e Armando Palacio Valdés. Foi necesario agardar até os modernistas e a xeración do 98 para que recoñecesen en Rosalía a unha creadora afín ao seu espírito. Os maiores promotores de Rosalía de Castro foron os escritores do 98, quen a deron a coñecer a través dos seus escritos en toda a xeografía española e na América hispanofalante, valéndose do seu gran recoñecemento social e da reedición de moitas das páxinas que escritas por eles e que versaban sobre a escritora. Principalmente, foron Azorín e Miguel de Unamuno os máis acérrimos valedores de Rosalía, quen lle dedicaron entre 1911 e 1912 un total de seis artigos que versaban sobre a escritora galega. O independente Juan Ramón Jiménez tamén se fixo eco da obra rosaliana, dedicándolle todo tipo de eloxios e considerándoa como a predecesora da revolución poética iniciada por Rubén Darío. Considerándoa unha poeta do litoral, do mesmo xeito que facía con Bécquer, Jiménez outórgalle o cualificativo de innovadora e precursora do modernismo español. Galipedia.



ฟรีภาพความละเอียดสูงของ สุสาน, หลุมฝังศพ, อนุสรณ์, ข้อความ, ศิลาฤกษ์, Stele, โบราณสถาน, แกะสลักหิน, ประวัติศาสตร์สมัยโบราณ, โล่ที่ระลึก

, การยิง COOLPIX S4 01/19 2017 ภาพที่ถ่ายด้วย 15.0mm, f/3.5s, 10/641s, ISO 50

ข้อคิดเห็นทั้งหมด(0)