Fotoğraf : sahil, doğa, şelale, yürüme, macera, nehir, vadi, tatil, uçurum, Avrupa, Kanyon, Turizm, arazi, ispanya, Espagne, Jeoloji, Agua, Naturaleza, Galicia, Doğa, Kasırga, Su özelliği, Espana, Wadi, Fervenza, Galiza, Auga, Corunna, Galice, Ezaro, Saltodeagua, Zambak, Lacoruna, Acoru a, Coru a, Provinciacoru a, Jeolojik olay 4410x3240
Public Domain
Teşekkürler' deyin PxHere
Makalenize yerleştirin (ör. Wordpress, Blogspot)
O Cadoiro ou fervenza do Ézaro é unha fervenza que forma o río Xallas na súa desembocadura ao mar na enseada do Ézaro en Santa Uxía do Ézaro, unha parroquia do concello de Dumbría. É a única fervenza en Europa que desemboca directamente no océano. No último treito do río Xallas o desnivel é de 155 metros, e a auga precipítase a 40 metros de altura de xeito abraiante monte abaixo até se esmagar con virulencia contra as paredes pétreas do canón que a propia auga arou ao cabo de millóns de anos a través do Monte Pindo (de 630 m de altitude) despois de ducias de metros de caída libre no punto coñecido coma Cadoiro do Xallas ou do Pindo (unha poza de máis de 20 m de fondo), pronunciado na voz popular como Coaduiro desde os tempos de Frei Martín Sarmiento, malia que en tempos máis recentes fose rebautizada coma Fervenza do Ézaro. Estudosos de todo o mundo percorrían milleiros de quilómetros na procura deste espectáculo único da natureza. Textos de 1724 A zona ten unha paisaxe impoñente de gran valor ecolóxico. A fervenza está rodeada de espectaculares microformas graníticas que forma o Monte Pindo, coma a Pedra do Brazal, un milagre de equilibrio natural. A existencia de paraxes cun gran valor ecolóxico coma a área de Vilafernández, salientan pola súa flora e fauna autóctona. Nos arredores da fervenza atopamos especies botánicas únicas en Galicia coma o carballo anano (Quercus lusitanica), unha herba hidrófila chamada Isoetes longissimum que ocupa os ríos con augas ben osixenadas, ou a escasa herba carnívora Drosera anglica. Aínda que en Escocia e nos fiordes nórdicos existen regueiros que desembocan no mar, é o Xallas o único río de envergadura en Europa que desemboca deste xeito no océano. Por isto, a fervenza do río Ézaro vese chea de lendarias historias: desamores de princesas, poderes sobrenaturais, encantamentos, ritos, etc. Dise que tras das súas augas existe unha porta máxica gardada por bruxas que levará embaixo do río ao mozo que se atreva a pasar, podendo daquela casar cunha bela princesa encantada e posuír unha enorme fortuna. Fervenza do Ézaro Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ücretsiz yüksek çözünürlüklü fotoğraf sahil, doğa, şelale, yürüme, macera, nehir, vadi, tatil, uçurum, Avrupa, Kanyon, Turizm, arazi, ispanya, Espagne, Jeoloji, Avrupa, Agua, Naturaleza, Galicia, Doğa, Kasırga, Su özelliği, Espana, Wadi, Fervenza, Galiza, Auga, Corunna, Galice, Ezaro, Saltodeagua, Zambak, Lacoruna, Acoru a, Coru a, Provinciacoru a, Jeolojik olay
, Biriyle çekilmiş COOLPIX P510 01/15 2017 Ile çekilen resim 5.0mm, f/3.0s, 10/10000s, ISO 100











