We use cookies and other technologies on this website to enhance your user experience. Read more Privacy Policy.I Agree

hình ảnh : Kiến trúc, kết cấu, Tòa nhà, cung điện, Tượng đài, Mốc, Mặt tiền, Du lịch, Nơi thờ phụng, ngôi đền, địa điểm khảo cổ, Di tích lịch sử, lịch sử cổ đại, Kiến trúc La Mã cổ đại 3155x2395

Kiến trúc, kết cấu, Tòa nhà, cung điện, Tượng đài, Mốc, Mặt tiền, Du lịch, Nơi thờ phụng, ngôi đền, địa điểm khảo cổ, Di tích lịch sử, lịch sử cổ đại, Kiến trúc La Mã cổ đại Public Domain

Nói cảm ơn PxHere

Người sáng tạo của chúng tôi thích nghe từ bạn và xem cách bạn đã sử dụng ảnh của họ. Thể hiện sự đánh giá cao của bạn bằng cách quyên góp, tweet, facebook và theo dõi!

Nhúng vào bài viết của bạn (ví dụ: Wordpress, Blogspot)

O Mosteiro de Santa María de Monfero é un mosteiro medieval situado na contorna das Fragas do Eume e do que se conserva en bo estado a súa igrexa mentres que as dependencias monacais están en estado ruinoso. Mosteiro situado na parroquia de San Fiz de Monfero no concello de Monfero, na provincia da Coruña. As súas orixes remóntanse cando menos ao século X, ao se fundar un cenobio ao pe dunha ermida dedicada a San Marcos. Este cenobio favorecido polo rei Bermudo II sufriu o ataque dos normandos, sendo reconstruído a iniciativa de Afonso VII no ano 1134 en colaboración con nobres como Afonso Bermúdez ou o Conde Pedro Osorio que lle fixeron doazóns e lle concederon privilexios. A comunidade naquel entón acollíase a regra de San Bieito xa que a comunidade conformárase con monxes desa orde procedentes do Mosteiro de Santa María de Valverde do Bierzo. No 1147 acóllese á reforma cisterciense a través do Mosteiro de Sobrado dos Monxes, vivindo anos de esplendor económico e cultural. A finais da idade media, coa reforma dos Reis Católicos, anexiónase á Congregación de Castela, da que dependeu ata a exclaustración de 1835. En 1882 hai un intento efémero de reintroducir a vida monacal no mosteiro ao se establecer unha comunidade cisterciense da que era abade Manuel Antonio Díez, que fora monxe da Congregación de Castela. A ruína do mosteiro e unha epidemia de varíola fixeron fracasar a tentativa. As obras continuaron e no ano 1639 xa estaba rematado o ciborio. No ano 1645 traballábase na fachada e no ano 1655 consagrouse o templo. A capela da Virxe da Cela remátase cara o ano 1666, obra á que lle seguirán outras como a sancristía, coñecida como Chirola. A igrexa é a parte que mellor se conserva. A igrexa románica probabelmente constaba de tres naves e tres ábsidas. Só se conserva dela o muro meridional, notabelmente alombado, cunha porta de acceso de arco apuntado no seu extremo occidental que actualmente está tapiada. Destaca a súa fachada barroca, única en Galicia polo xadrezado dos perpiaños, alternando granito con xisto, con catro enormes columnas e dúas pilastras rematadas con capiteis corintios, que combina, seguindo a Bonet, unha estrutura clásica cun dinamismo barroco. A planta é de cruz latina cunha gran cúpula no cruceiro. No interior atópanse os sepulcros de Nuno Freire de Andrade, Fernán Pérez de Andrade, O Mozo e Diego de Andrade. O edificio monacal artéllase arredor de tres claustros: O inacabado Claustro da Hospedería mandado facer polo abade Ruperto Martínez (1803-1807) sobre outro renacentista do que aínda se conserva o tránsito ao Claustro das procesións e catro columnas correspondentes aos recantos do lenzo meridional. A súa construción foi interrompida pola Guerra da Independencia e as obras nunca se retomaron. Só se fixo un dos catro lenzos e pouco máis. Dende o ano 1931 está considerado Monumento Nacional. Galipedia.



Các hình ảnh có độ phân giải cao miễn Kiến trúc, kết cấu, Tòa nhà, cung điện, Tượng đài, Mốc, Mặt tiền, Du lịch, Nơi thờ phụng, ngôi đền, địa điểm khảo cổ, Di tích lịch sử, lịch sử cổ đại, Kiến trúc La Mã cổ đại

, chụp với một Pro 815 01/19 2017 Những hình ảnh chụp với 8.0mm, f/8.0s, 10/3200s, ISO 50

Tất cả nhận xét(0)