图片素材 : 建筑, 壁, 纪念碑, 欧洲, 地标, 正面, 纪念馆, espagne, arquitectura, 欧罗巴, 博物馆, biblioteca, 加利西亚, mygearandme, 西班牙语, 圣地亚哥, 中央文化, 加利萨, galice, compostela, cidadedacultura, comtemporanea, montegaias, 丰西亚科鲁山, 古代历史 3264x2388
嵌入到您的文章中(例如Wordpress,Blogspot)
Cidade da Cultura de Galicia Na Galipedia, a Wikipedia en galego. A Cidade da Cultura de Galicia é un complexo arquitectónico, cultural e de entretemento que está a ser construído na cidade de Santiago de Compostela. O complexo tratará de reconciliar a conservación patrimonial coa produción de coñecemento, investigación, creación e consumo cultural. O arquitecto Peter Eisenman (Newark, Nova Jersey, 1932) é un prestixioso arquitecto estadounidense membro do grupo Five Architects de Nova York. Licenciado en Arquitectura pola Universidade Cornell, Eisenman é doutor en Filosofía pola Universidade de Cambridge e en Belas Artes pola Universidade de Chicago. Impartiu docencia nalgunhas das universidades máis prestixiosas do mundo, como Harvard, Cambridge, Princeton, Yale e Ohio. En 1980 estableceu un estudio de arquitectura de seu na cidade de Nova York O complexo do Gaiás ocupa unha superficie de 141.800 metros cadrados. Segundo as previsións actuais, constará dos seguintes edificios: Biblioteca de Galicia. Conta con 15.702 m2 útiles e ten como obxectivo ser a cabeceira do sistema de bibliotecas galegas, representando o sistema bibliotecario galego ante todos os organismos, foros e plataformas internacionais do eido bibliotecario. Foi inaugurado polo Príncipe de España, Filipe de Borbón, xunto co Arquivo de Galicia, o 11 de xaneiro de 2011. Arquivo de Galicia. Conta con 11.225 m2 útiles. Pretende ser cabeceira e centro de referencia do sistema galego de arquivos e ten como misión a de recibir, custodiar e poñer a disposición dos cidadáns todos aqueles documentos que, polo seu valor, necesiten ser conservados. Foi inaugurado o 11 de xaneiro de 2011. Museo de Galicia. Conta con 20.734 m2 útiles. O seu programa de usos inclúe un proxecto museográfico dedicado ao pasado e presente de Galicia, e albergará exposicións temporais e actividades de formación e divulgación. O edificio foi inaugurado o 31 de outubro de 2011 pero ata o mes de xuño de 2012 non comezou a estar en funcionamento, ó ser inaugurada o 15 de xuño a exposición "Gallaecia Petrea". Centro da Música e das Artes Escénicas. Contará con 35.430 m2 útiles. Terá un auditorio con capacidade para 1.300 persoas, ademais doutras salas de menor dimensión, axeitadas para a experimentación e as accións formativas e de intercambio profesional. No ano 2011, a Xunta de Galicia acordou a suspensión das obras por mor da crise económica ata o 2014 [1]. Centro de arte internacional. Terá 13.685 m2 útiles. Prevese que o seu uso sexa o dun centro de arte contemporánea para as relacións artísticas entre Latinoamérica e Europa. A súa construción tamén foi suspendida. Edificio de servizos centrais. Conta con 6.291 m2 útiles e acolle os servizos de xestión e loxística. Alberga oficinas, espazos para o persoal e salas de usos múltiples. As torres de John Hejduk completan o grupo de edificios principais, que se artella arredor de cinco viais peonís principais. O conxunto quedaría rodeado por unha zona verde de preto de 25.000 metros cadrados.
免费的高分辨率照片 建筑, 壁, 纪念碑, 欧洲, 地标, 正面, 纪念馆, 西班牙, espagne, arquitectura, 欧罗巴, 博物馆, biblioteca, 加利西亚, mygearandme, 西班牙语, 圣地亚哥, 中央文化, 加利萨, galice, compostela, cidadedacultura, comtemporanea, montegaias, 丰西亚科鲁山, 古代历史
, 拍摄用 Pro 815 01/19 2017 照片拍摄 8.0mm, f/8.0s, 10/4000s, ISO 50











